ACADEMIA OCTAVIO 45 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 28
Academia Octavio: 45(27+18): Conde, Beiro (4), Hermida (6), Veiga (5), León (5), Gregorio (5), Cruz (5) -equipo inicial- Giráldez (5), Iglesias, Oliveira (5), Ogando (5), Rojas, Figueirido. Decoraciones J. Bello…
Academia Octavio: 45(27+18): Conde, Beiro (4), Hermida (6), Veiga (5), León (5), Gregorio (5), Cruz (5) -equipo inicial- Giráldez (5), Iglesias, Oliveira (5), Ogando (5), Rojas, Figueirido.
Decoraciones J. Bello Xiria: 28( 14+14): Buño, Enrique (6), Iván (6), Julián (5), Diego (3), Lolo (3), Dani (4) -equipo inicial- Alberto (2), Miguel, Raúl (1), Jorge.
Colexiados: Pedro Eiras e Alberto Fdez .
Comezaba a tempada oficial para o Decoraciones J. Bello Xiria coa disputa da primeira xornada da Copa Federación e facíao ante un dos ravais máis complicados cos que se pode atopar neste novo curso deportivo, o Octavio vigués, un dos equipos, xunto co Balonmán Lalín, que parte como favoritos para acadar o campionato ligueiro.
O partido iniciouse cun equipo carballés descoñecido, que non amosaba a súa habitual rapídez no contraataque e no seu xogo, tal e como nos ten acostumados, lonxe diso, convertíase nun equipo lento e previsible que daba máis facilidades a un equipo local que xa de por si se amosaba superior. A maior antropometría dos locais facía o resto, notándose unha diferenza moi notable en canto á evolución nas capacidades físicas básicas, sobre todo no referente a forza. O marcador, que reflectía un 27-14 para os locais no descanso, deixaba claro que os visitantes estaban descoñecidos no seu xogo e poñía de manifesto unha clara superioridade dos olívicos.
A segunda metade foi máis igualada. Os bergantiñáns saíron decididos a loitar, lonxe de sentirse inferiores e aínda sen alcanzar o seu mellor momento de xogo, comezaban a correr. Os trinta minutos transcurriron da mesma maneira e o Xiria era quen de subírselles ás barbas ao poderoso equipo vigués, tanto que o resultado final era de 45-28, é dicir que na segunda parte o equipo de Carballo conseguía un meritorio parcial de 18-14 e deixaba unha imaxe e unha evolución moito máis satisfactoria.