Ángel Varela ficha polo Calvo Xiria.
Ángel Varela “Gel” incorpórase á disciplina do Calvo Xiria e estará ás ordes de Marcos Rodríguez no vindeiro compromiso ligueiro dos de Carballo que se disputará este sábado na localidade…
Ángel Varela “Gel” incorpórase á disciplina do Calvo Xiria e estará ás ordes de Marcos Rodríguez no vindeiro compromiso ligueiro dos de Carballo que se disputará este sábado na localidade ourensá de Ribadavia. O primeira liña carballés, de 22 anos, formouse nas categorías inferiores da A.D. Xiria e, aínda que comezou varias pretemporadas co equipo sénior, por diversos motivos nunca puido incorporarse ao plantel. As dúas últimas campañas xogounas no Balonmán Carballo. Esta campaña comezou a pretemporada co Calvo pero tivo que deixala ao puco tempo por motivos laborais e por unha lesión e, na actualidade, levaba xa dous meses adestrándose co equipo. Vén así a suplir a recente baixa de Javi Zas.