VIÑA COSTEIRA 28 – CALVO XIRIA 27

16/12/2006 VIÑA COSTEIRA 28 – CALVO XIRIA 27
Viña Costeira (11+17): Arturo, Gabriel (1), Marcos (2), Fidel (2), Pablo (1), Rogelio (6) e Mon (14)–equipo inicial- Carreira, Conde, Cajide (2), Potas, Dona y Roi.
Calvo Xiria (10+17): Iván, Joaquín (4), Pablo (6), Hernán, Fernando Vázquez (7), Aitor (3) e Cristophe (2)–equipo inicial- Quique, Pombo, Cuco (2), Chimpo (3), Manuel, Ángel e Queco.
O Calvo Xiria sumou a súa cuarta derrota da tempada a domicilio fronte ao Viña Costeira, na 13ª xornada de liga en 2ª Nacional. O resutado ao descando era de 11-10 para os locais.

O comezo de partido para o Calvo Xiria xa aventuraba que este non ía ser o día dos carballeses. As imprecisións e erros no ataque, unido á endeblez defensiva, facían que o Viña Costeira comezara cun parcial de 4-0 e tomara unha rápida renda no marcador. A tímida reacción do Calvo, que tardou sete minutos e medio en anotar o seu primeiro tanto, colocouno a un e dous tantos do seu rival durante a primeira parte, aínda que as transicións rápidas do Viña Costeira, unido á permisividade da defensa nas penetracións do local Mon, bastábanlle aos ourensáns para mandar sempre no luminoso. O Calvo Xiria amosaba a súa peor cara da tempada e, pese a todo, só marchaba ao descanso a un tanto do Viña Costeira, un equipo que demostrou moi pouquiño ao longo de todo o partido.

O xogo do Calvo Xiria non cambiou na reanudación e Marcos Rodríguez viuse na obriga de pedir un tempo morto aos catro minutos, vendo a desidia dos xogadores sobre a pista. A partir de aí, os carballeses comezaron a entonarse un pouco e chegaron a poñerse por diante no marcador. Pero as penetracións de Mon e o acerto de Rogelio desde o pivote (os dous anotaron 20 dos 28 goles do Viña Costeira) facían que os locais aguantaran o tipo e se mantiveran con posibilidades de gañar o partido. Con empate no marcador, e a falta dun minuto para o final, o Calvo Xiria tivo a oportunidade de gañar o partido. Fernando Vázquez precipitouse cun lanzamento en apoio que detivo o porteiro local, a falta de quince segundos, e permitiu o contraataque do Viña Costeira. Éste foi cortado en falta cando só restaban seis segundos para o final, situación que aproveitou o adestrador local para pedir un tempo morto. O Viña Costeira xogou co extremo e éste mandou un pase ao pivote en “fly” que Rogelio transformaría sobre a bocina para darlle a victoria aos locais. Unha xogada que, por certo, xa fixera o equipo local noutras ocasións ao longo do partido.

A aportación de Iván e Quique na portería foi do pouco salvable dun partido que deixa ao Calvo Xiria xa moi lonxe de poder loitar pola primeira praza da clasificación. A novidade na convocatoria de Marcos Rodríguez foi a presenza de Ángel, aínda que non chegou a xogar.