27/01/2007 ARTAI E. D. POIO 26 – CALVO XIRIA 26
Artai E. D. Poio: Angel, Víctor (4), Miguel (4), Oliver (6), Enrique (2), Barreiro (1), Torres (3) – equipo inicial – Cristian, Iago, Fernando (5), Félix, Oscar, David (1).
Calvo Xiria: Ivan, Hernán (1), Angel, Alberto (10), Cristophe (2), Aitor (3), Pablo (5) – equipo inicial – Enrique, Cuco, Gonzalo (1), Queco, Chimpo (4).
Colexiados: Os colexiados Srs. Isaac Lago e Iago García determinaron o resultado final do encontro.
O Calvo Xiria deixouse un punto en partido disputado en Poio. No descanso o marcador reflectía un 14 a 13 favorable ao cadro local.
Caeu o Calvo Xiria no xogo que lle interesaba ao Poio, un ritmo lento e pausado con ataques nos que primaron as accións individuais e o xogo pouco fluído o que derivou en numerosas perdas de balón. No momento no que os xogadores carballeses tiñan un pouco de continuidade nas súas accións ofensivas atopaban claras ocasións de gol. Pero aquí tiveron os carballeses o seu outro punto feble deste partido, a falla de tino nos lanzamentos, con porcentaxes que impediron romper o partido en ningún momento, xa que en ningún momento estivo con diferenzas superiores aos dous goles. E nos intres finais fallou un lanzamento de sete metros, e posteriormente outro dende seis, os dous no derradeiro minuto.
Si estiveron os carballeses ben na faceta defensiva, apoiados pola labor dos porteiros. Pero foi aquí onde os “señores colexiados” prexudicaron claramente ao Xiria. Despois de defender en dezaoito ocasións durante máis dun minuto sen cometer golpe franco e anticipándose claramente os atacantes non se decretou unha soa situación de xogo pasivo, que se trocaban en sancións disciplinarias por contactos provocados polo atacante e nos que picaron ata sete veces os colexiados, que o final do encontro criticaban as accións dos xogadores veteranos das que eles dicían coñecelas perfectamente.
Unha magoa que os carballeses non prolongaran nesta saída a imaxe que o equipo amosou no encontro de hai sete días ante o Bm. Lavadores. Agardamos que consiga o antes posible seguir unha liña de xogo ascendente, tanto de local coma de visitante.
