Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Asegurada para Calvo Xiria a fase de ascenso

Clasificouse o Calvo Xiria para a fase de ascenso a DHP logo da vitoria ante o Porriño, nun partido no que os carballeses foron moi superiores ao seu rival. Dende…

Clasificouse o Calvo Xiria para a fase de ascenso a DHP logo da vitoria ante o Porriño, nun partido no que os carballeses foron moi superiores ao seu rival. Dende o inicio os carballeses apoiados polo seu público deixaron ben claro que non querían complicacións e logo de asentarse na cancha, xa que nos primeiros minutos cometeron algúns erros de finalización, no minuto quince o partido xa quedaba sentenciado cun +8 para os verdinegros. Seguir a un ritmo alto en defensa, pero sen desgastarse máis do preciso, foi o guión dos locais, que co asubío que indicaba o remate do encontro celebraron con todos os seus seareiros esta nova xesta deportiva. Agora queda rematala en Lavadores, en donde unha vitoria dará tamén o título de campión de liga ao Calvo Xiria.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia con preto de 500 seareiros nas bancadas. Colexiados: Pedro Eiras Abalde e Aarón Sestay Prieto do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Brais Puñal (19´,54´), Gonzalo Pombo (25´), Javier Rodríguez (43´) e Julián López (48´) namentres polo Bm Porriño foron sancionados Hugo Candán (12´,46´), Mario Alonso (16´,57´), Samuel Pereiro (26´,44´), Jorge Estévez (27´,40´), Xurxo Ojea (39´). 7 metros: Calvo Xiria 4//5 Bm Porriño Galserco 2//4. Marcador cada 5 minutos: 1-0, 4-0, 9-1, 12-2, 12-2, 14-3, descanso, 16-4, 19-6, 22-6, 25-8, 27-10, 31-12.

CALVO XIRIA 31 (14+17): Martín Gómez [p], Santiago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (2), Uxío Batán (4), Martín Alfeirán, Julián López (2), Ramón Suárez–Pumariega (1), Jorge Bouzas (3), Carlos Vilanova (1), Pablo Iglesias (7), Javier Rodríguez (3), Gonzalo Pombo (5).

BM PORRIÑO GALSERCO 12 (3+9): Samuel Diéguez [p], Mario Alonso, José Elexpuru, Manuel Seijo (1), Samuel Pereiro (3), Xurxo Ojea (1), Adrián Rodríguez, Aarón Seoane (1), Hugo Candán, Jorge Estévez (1), Gonzalo Álvarez (4), Sergio Pereira (1).