O Goldie Xiria remata a tempada cun triunfo en Lavadores
NZ Australis Lavadores 16 – Goldie Xiria 18 (7-7) Remate de tempada para o Goldie Xiria, coa súa participación na Copa Federación, vencendo en Vigo ao Lavadores. Logo do resultado…

NZ Australis Lavadores 16 – Goldie Xiria 18 (7-7)
Remate de tempada para o Goldie Xiria, coa súa participación na Copa Federación, vencendo en Vigo ao Lavadores. Logo do resultado da semana pasada en Carballo, o Teucro acadaba a única praza que daba este grupo para semifinais, afastando as carballesas.
Partido moi disputado en Vigo, na mañá do domingo. O dous equipos aplicáronse en defensa, por veces con dureza, o que facía difícil achegarse a liña de 6 metros. Tras unha pequenas vantaxes nos primeiros minutos do encontro do seu rival, o Goldie foi collendo sitio e posicións en ataque, levando a igualdade a ese parcial 7 a 7 ao remate da primeira metade.
Conscientes da súa superioridade e máis acertadas no ataque, as xogadoras carballesas foron a polo partido dende o primeiro minuto da segunda metade, dándolle maior velocidade ao encontro, o que por veces asfixiaba as rivais. Conseguía a maior diferenza o Xiria con ese 10 a 14 a falta de 15 minutos, renda que soubo administrar perfectamente para facerse co encontro.
NZ Australis Lavadores 16 (7): Paula e María (porteiras) , Sheila 4, Monserrat 3, Jennifer 3, Nerea 1, Lucía, Yolanda 1, Estefanía 2, Andrea 1, Eva e Núria 1
Goldie Xiria 18 (7): Lucía Vilariño (porteira) Juana Garrochena 4 , Adriana Gómez, Jessica Posse 3, Tamara Pombo 2, Alba Rodríquez, Laura Carracedo 1, Sheila Ferreiro, Leticia Casal 1, Natalia Solís 2, Zeltia Landeira 4 e Raquel Gómez 1.
Arbitraron: José Angel Rodríguez e Roberto Trigo, excluiron a Yolanda e Sheila polo Lavadores, e a Tamara Pombo e Natalia Solís polo Goldie Xiria.