ASESORÍA SUEIRO XIRIA 18 – Bm. Portadeza Lalín 19

12/03/2005 7ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Iván, Cuco, Queco, Hugo ( 2 ), Cristophe ( 3 ), Carlos ( 5 ), Chimpo ( 5 ) – equipo inicial – Anxo, Alex, Alberto, Aitor, Gonzalo ( 3 ), Rodrigo, Miguel.

BM. PORTADEZA LALÍN: Alberto, Guillermo ( 1 ), Roberto ( 7 ), Miguel ( 4 ), Borja ( 7 ), Jesús, Iago – equipo inicial – Efrén, Santiago, Cristian, Nicolás, Bruno, Adrián, Alejandro.

O Asesoría Sueiro Xiria caeu derrotado ante o Bm. Lalín por 18 a 19, 7 – 9 no descanso, resultado que pon case que imposible a opción de acadar unha das dúas primeiras prazas na liga galega.

Partido de pouco calidade, pero interesante dende o primeiro intre, o disputado no Pavillón da Zona Escolar entre dous equipos que se xogaban a maior parte das opcións de se clasificar para o campionato de España. Este feito provocou numerosos erros nos dous conxuntos que se traduciron en moitas perdas de balón e en fallos constantes de lanzamento, co que as defensas foron o factor principal ó longo do sesenta minutos.

Moi nerviosos os xogadores carballeses que pagaron caros dous baixóns no seu rendemento defensivo, un na primeira metade e outro no inicio da segunda. Momento no cal o Lalín aproveitou para irse de catro no marcador. Aínda así o Xiria conseguiu achegarse no marcador e empatar, pero nos derradeiros minutos apareceu a ansiedade pola victoria e pagouse ca perda de balóns que resultaron decisivos.

En resume, víronse na Zona Escolar as mellores defensas da liga galega acompañadas por dúas grandes actuacións nas porterías.

Reseñable ante todo a actitude de deportividade amosada polos dous conxuntos a pesar da transcendencia do encontro.

Os colexiados Srs. Pedrido e Del Río cumpriron ca súa labor na primeira metade, na segunda parte so foi quen de arbitrar o Sr. Pedrido, pouco amigo de sinalar xogo pasivo, xa que a Sra. Del Río estivo superada pola transcendencia do choque.