ASESORÍA SUEIRO XIRIA 21 – Bm. Elche 28

07/05/2004 1ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 7 ), Fernando ( 3 ), Adrián ( 2 ), Chimpo ( 6 ) , Carlos ( 2 ), Pablo – equipo inicial – Miguel, Bruno, Hugo, Queco, Alberto, Alejandro ( 1 ), Gonzalo.

BM. ELCHE: Ruiz, Pau ( 4 ), Domingo ( 3 ), Emilio ( 7 ), Ramón ( 2 ), Eloy ( 9 ), Alzamora – equipo inicial – Sergio ( 1 ), Antonio, Alejandro ( 1 ), Rubio, Amador ( 1 ), Ricartiz, Omar.

O Asesoría Sueiro Xiria caeu derrotado no primeiro partido da fase final do Campionato de España ante o Bm. Elche por 21 a 28 tantos.

Non comezou ben o encontro o cadro carballés con moitos nervios que o levaron a cometer fallos en lanzamentos claros nos primeiros minutos, gracias o cal o Elche marcaba xa dende o inicio as primeiras vantaxes. Uniuse a esto a lesión de Pablo no minuto dez de partido tras unha agresión que non foi castigada como tal, e que en palabras dos árbitros “non era o momento de cargarse o partido”. Notaron moito os carballeses a súa baixa sobre todo na faceta goleadora e unido isto a falta de experiencia, centráronse os xogadores nas protestas ós colexiados en vez de no propio xogo, converteuse o partido un obstáculo insalvable.

Na segunda metade máis do mesmo sen que se puidera enderezar o rumbo ante un rival moi forte sobre todo no xogo da súa primeira liña que acabou con dezanove goles, practicamente os mesmos que o Asesoría Sueiro.

O peor foi que o máis negativo non foi o resultado senón a perda de Pablo por lesión para todo o torneo e a de Gonzalo por sanción tamén para o que resta de torneo

2-4 / 4-6 / 5-9 / 6-10 / 9-12 / 12-15/ 12-16 / 12-18 / 15-21 / 17-23 / 20-26 / 21-28
Os colexiados Srs. Santiuste e Santiuste foron un pesadelo durante os sesenta minutos para o cadro carballés.