ASESORÍA SUEIRO XIRIA 24 – C.D Bidasoa 24

08/05/2004 2ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 5 ), Fernando ( 4 ), Adrián ( 2 ), Chimpo ( 4 ) , Carlos ( 8 ), Queco – equipo inicial – Miguel, Bruno, Hugo ( 1 ), Pablo, Alberto, Alejandro.

C.D. BIDASOA: Arnaud ( 2 ), Julen ( 6 ) Jon ( 5 ), Mathieu ( 5 ), Asier ( 2 ), Borja ( 2 ), Arozena ( 1 ) – equipo inicial – Iván ( 1 ), Portos, Jhonathan, Iñigo, Joseba, Palacios, Irazusta.

O Asesoría Sueiro Xiria empatou ante o C. D. Bidasoa no segundo partido da fase final disputado no Polideportivo de Artaleku ( Irún ) a 24 goles.

Non comezou ben o partido para os de Carballo que encaixaban goles con moita facilidade, incluídos dous do porteiro irundarra, mais o factor desequilibrante do encontro aínda estaba por vir, coa lesión sufrida por Alex que fixo que se detivera o encontro durante uns minutos que se fixeron moi longos. A partir deste momento as ganas de demostrar o balonmán que levan dentro os xogadores carballeses sobrepuxéronse as duras imaxes que se viran minutos antes na pista.

Cun balonmán práctico, rápido e en equipo conseguiron os carballeses acercarse e incluso pórse por diante no electrónico, pero o máis importante para conseguilo foi aprender a lección do día anterior e ser capaces de se adicar a xogar sen facer caso do arbitraxe.

Arbitraxe que foi fundamental cando faltando tres minutos decretou unha sanción de dous minutos para Cuco, totalmente inventada por un dos trencillas, e o seu compañeiros para non ser menos sinalou golpe franco nunha acción sobre Dubra que era un claro sete metros faltando doce segundos.

Un bo partido marcado polas lesións de Alex e Cuco que se converteron en baixas para o seguinte encontro.

0-2 / 2-4 / 5-7 / 6-11 / 8-13 / 12-15/ 15-16 / 17-18 / 19-19 / 20-20 / 22-23 / 24-24
Os colexiados Srs. García e Gutiérrez fixeron un bo arbitrase durante 57 minutos, pero nos tres últimos influiron descaradamente no resultado do encontro.