F.C. Barcelona 42 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 20

09/05/2004 3ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Fernando ( 4), Adrián, Hugo ( 3 ), Chimpo ( 4 ), Queco ( 2 ), Carlos ( 4 ) – equipo inicial – Miguel, Bruno, Cuco, Pablo ( 3 ), Alberto.

F.C. BARCELONA: Eduardo, Alfred ( 4 ), Gulillermo ( 4 ), Cristian ( 4 ), Isaac ( 3 ), Marc ( 2 ), Enric ( 2 ) – equipo inicial – Oriol, Alex, Jairo ( 6 ), Albert ( 4 ), Pedro ( 4 ), Llorens ( 1), David (8 ).

O Asesoría Sueiro Xiria finalizou a súa participación na Fase Final do Campionato de España caendo derrotado por un contundente 42 – 20 ante o F. C. Barcelona.

Nun partido de mero trámite, non matematicamente para os carballeses pero si debido as baixas que acumulaba, os rapaces do Asesoría Sueiro Xiria fixeron todo o que puideron para cubrir o papel mais digno posible ante quizais o rival mais feble que se encontrou nestes tres días, pero que dispoñía de todo o seu plantel. Se a isto se lle engade a mala fortuna no lanzamento, innumerables disparos estralados nos paos, e a labor, gris e innecesaria, dos colexiados ten como resultado unha derrota inxusta sobre todo na diferencia de goles. O único positivo da xornada foi a “reaparición” de Pablo que puido saír a lanzar os sete metros.

O xogo sempre rápido do conxunto catalán foi a guinda a un equipo carballés minguado con catro baixas e no que dous xogadores máis tiveron que participar mancados.

Fin de semana para esquecer en algún aspecto pero no que se demostrou estar ó mesmo nivel dos equipos que se clasificaron para xogar as semifinais do Campionato de España, fase da que so apartou o Asesoría Sueiro Xiria as lesións. ( Baixas de Cuco, Alex, Gonzalo e Pablo ).

5-1 / 9-4 / 11-5 / 13-7 / 17-7 / 19-9 / 23-9 / 27-11 / 30-13 / 33-15 / 38-19 / 42-20
Os colexiados Srs. Cevallos e Cestero non souberon levar con dignindade un partido sinxelo de arbitrar e no que se erixiron como protagonistas innecesariamente.