ASESORÍA SUEIRO XIRIA 24 – CAIXANOVA OAR 24

Asesoría Sueiro Xiria (12+12) 24: Guillín, Ramón (3), Díaz (1), Óscar (1), Manuel (8) Viqueira (1) e Joaquín (7) – equipo inicial – Iago (p.s.), Ricardo, Norberto, Eloy, Juan (3) Puente e Iván.

OAR Caixanova (15+9) 24: Roberto, Francisco (3), Daniel Angeriz (4), Carlos Pereiro (2), Carlos Garvín (2), Víctor (4) e Nando (5) – equipo inicial – Javier Rey, Moreno, Jorge, Yoel (2), Mahía (2) e Daniel López.
Árbitro: Goitia. Ben.
Incidencias: Encontro correspondente á 7ª Xornada do Campionato Territorial Norte Xuvenil Masculino disputado no Pavillón Vila de Noia (Zona Escolar) con preto de 100 espectadores nas gradas.

O Asesoría Sueiro Xiria non pasou do empate no encontro que lle enfrontou ao OAR da Coruña o pasado domingo no Pavillón Vila de Noia. O equipo de Marcos Trigo segue de líder da clasificación, por mellor diferenza de goles que o OAR, segundo na tabla.

Non comezou ben o partido o Asesoría Sueiro Xiria, demasiado atenazado, situación que aproveitou o seu rival para abrir unha pequena brecha nos compases iniciais do partido. Os carballeses deron bastantes facilidades en defensa ao OAR e, no ataque, incurrían en continuas precipitacións que lle impedían achegarse no marcador. Os coruñeses souberon manter a vantaxe e chegar ao descanso cunha diferencia de tres goles ao seu favor (12-15).

O Asesoría Sueiro Xiria non aproveitou os nervios do OAR ao principio da segunda parte, situación que permitiu aos visitantes manter a renda de dous goles no luminoso durante bastantes minutos. As continuas perdas de balón dos locais e o paso dos minutos xogaban a favor dos coruñeses que, pese a estar máis atascados en ataque, aproveitábanse dos erros dos xogadores de Marcos Trigo. A actuación de Iago na portería permitiu ao Xiria manterse no partido e, a falta de sete minutos, conseguía darlle a volta ao marcador para poñerse por primeira vez por diante no partido. O Asesoría Sueiro Xiria contaba cun gol de diferencia ao seu favor e posesión no último minuto de partido, pero non soubo xogar eses últimos instantes do choque. Unha falta en ataque de Eloy e un penalti de Joaquín nos últimos segundos deron ao OAR a oportunidade de empatar co templo cumrido. Víctor non errou desde os sete metros e marcou o gol que lle permite ao OAR seguir empatado a puntos co Xiria na clasificación.

O Asesoria Sueiro Xiria recibe, a vindeira fin de semana, ao Pontedeume en Carballo, no comezo da segunda volta do campionato.