ASESORIA SUEIRO XIRIA 26 – BM. CISNE 16

Asesoría Sueiro Xiria: Iván, Cristophe ( 3 ), Aitor ( 3 ), Gonzalo ( 5 ), Óscar ( 2 ), Joaquín ( 6 ), Javier ( 1 ) – equipo inicial – Manuel ( 3 ), Diego ( 1 ), Eloy ( 1 ), José Luis, Iago, Anxo ( 1 ).

Bm. Cisne: Galán, Daniel ( 2 ), Eduardo ( 2 ), Vidal ( 2 ), Guillermo ( 1 ), Pablo ( 7 ), Andrés ( 2 ) – equipo inicial – Víctor, Alberto, David, Quintáns, Hugo, Jorge

Colexiado: Os colexiados Srs. Pérez e Fernández non influiron no resultado do partido.

O Asesoría Sueiro Xiria acadou a sua primeira victoria no Campionato Galego Xuvenil Masculino ante o Bm. Cisne por 26 goles a 16, no descanso o resultado era de 14 a 9.

A igualdade no marcador foi a tónica predominante nos primeiros quince minutos que serviron de tanteo entre dous equipos que precisaban da victoria para estar na parte alta da táboa clasificatoria. A partir do minuto quince a defensa carballesa impúxose ao ataque pontevedrés coa resulta de fáciles contraataques que permitiron as primeiras diferencias a prol dos locais.

No segundo tempo o Bm. Cisne estrelouse unha e outra vez contra o sistema defensiva do Xiria, axudado polos seus porteiros, e as diferencias fóronse ampliando paulatinamente ata alcanzar os dez goles.

O ataque carballés non estivo á altura da súa defensa complicando moito accións que tiñan que ter sido moito máis doadas de resolver, tanto na sua creación coma na súa finalización. Agardamos que este bo resultado sirva para que o Asesoría Sueiro continúe pola líña ascendente de xogo que colleu nas derradeiras semanas.

A vindeira xornada toca viaxar a Camariñas para disputar a terceira xornada desta liga.