ASESORÍA SUEIRO XIRIA 28 –CISNE GRUPO PIRSA 24

Asesoría Sueiro Xiria (14+14) 28: Iago, Díaz (2), Joaquín (13), Manuel (8), Iván (1), Ramón (2) e Eloy –equipo inicial –Guillín (p.s.), Puente, Óscar, Ricardo (1), Juan (1), Norberto, e Boti.
Cisne Grupo Pirsa (13+11) 24: Daniel, Covelo (4), Vidal (4), Víctor (2), Alberto, Quintáns (5), Héctor e Galiano (4) – equipo inicial – Galán (p.s.), Jaime (2), Gumi (3), Hugo, Andrés e David.
Árbitro: Julio López e Manuel Docampo. Ben.
Incidencias: Encontro correspondente á 7ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no Pavillón da Zona Escolar en Carballo ás 12:00. Boa entrada con 150 espectadores nas bancadas.

Esta fin de semana o Asesoria Sueiro Xiria necesitaba volver ó camiño da victoria, e para iso recibía a un Cisne ao que tampouco lle valía a derrota para seguir tendo opcións ao título. Os locais xogaron un dos partidos máis serios de toda a tempada e mostraronse moi sólidos ante un rival que era o máximo favorito a facerse co título autonómico.

O comezo do Xiria foi moito máis incisivo do que acostumaba nas últimas xornadas. Apoiado nunha defensa 4:2 moi presionante e un rápido xogo ofensivo os locais controlaron o comezo do choque e non permitiron que os visitantes se sentisen cómodos, e estes mantiñan o tipo gracias a accións individuais illadas. As diferenzas eran mínimas ata o minuto 15 cando o Xiria colleu unha vantaxe de tres goles (10-7). Pronto reaccionou o Cisne e seis minutos despois restablecía a igualada a 11 goles. Ata o descanso máxima igualdade pero aínda así os locais puideron marchar cun gol de vantaxe ós vestiarios.

Na reanudación o Xiria volveu marcharse no marcador, e o Cisne recurtou de novo en parte debido a gran actuación de Gumi no pivote, que sustituiu durante varios minutos a un desdebuxado Galiano, e a un inspirado Galán na portería. Pero os locais, moi serios en defensa e con moito acerto no ataque, sobre todo por medio de Joaquín (que pese a mixta marcou 13 goles) e Manuel (éste na dirección do equipo), colleron unha renda que sería definitiva. Os visitantes entón encomendáronse a conexión Vidal-Galiano, pero unha moi boa defensa e un maxistral Iago na portería fixeron imposible a reacción. Destacar ao completo ao bloque defensivo do Xiria que foi determinante neste encontro para conseguir a victoria.

Deste xeito o Asesoría Sueiro Xiria todavía conserva a esperanza de quedar entre os dous primeiros e a pesar de que está complicado e se depende de terceiros, os carballeses deberán de ir partido a partido e tratar de non errar nos seus compromisos.A vindeira semana visita, nun sempre complicado derbi, a cancha do Caixanova Oar na 8ª Xornada da Liga Galega.