GARAYSA XIRIA 26 – BM CHAPELA 21

Garaysa Xiria 26 (10+16): Raquel, Cristina (6), Berta (4), Mariana (7), Maria (5), Sheila (3) e Marta (1) -sete inicial- Esmeralda.

Bm Chapela 21 (8+13): Leticia, Adriana (8), Alba (1), Uxia (2), Coral (2), Noelia (1) e Cristina(6) -sete inicial- Soraya, Estela, Deborah (1) e Iria

Completísimo partido o xogado polas carballesas el sábado ante o Chapela. A pesar de todas as baixas, entre outras faltaban as dúos pivotes do Garaysa Xiria, o equipo deo a cara e realizou o mellor partido da temporada. Tras un inicio dubitativo, o equipo de Carballo perdia de tres nos primieros 10-15 minutos, houbo que reaxustar a defesensa, mantenndo o 5:1 pero variando as tareas da avanzada. Sen dúbida esta foi unha das claves do encontrp, xa que a partir deste momento, as locais fóronse cara arriba, grazas aos contraataques, ata chegar con vantaxe ao intermedio, 10-8.

A segunda metade non variou nada, ata que as de Chapela tiveron que empezar a presionar ao verse moi por debaixo no marcador (5-6 goles) arredor do minuto 45 de partido. Neste momento pareceu que o conxunto visitante podería darlle problemas ás rapazas de Edu Orgaz, pero una María con veteranía tomou o peso do partido, e cos seus constantes cambios de ritmo, provocou a incertidume na defensa do Chapela, levando o tempo do partido perfectamente. De feito, o resultado puido ser moito máis amplo, pero los erros producidos polo cansancio, hai que lembrar que o Xiria só tiña un cambio, impediron que esto fose así. O máis destacable do partido foi, sen dúbida, a defensa toda en conxunto e como non outra vez volveu a brilar a portería.