ASESORIA SUEIRO XIRIA 34 – BM. LALIN 25

Asesoría Sueiro Xiria: Iago, Cristophe ( 5 ), Aitor ( 2 ), Gonzalo ( 12 ), Óscar ( 4 ), Joaquín ( 4 ), Javier ( 5 ) – equipo inicial – Manuel ( 2 ), Diego, Eloy, José Luis, Iván.

Bm. Lalín: Iago, Santiago ( 2 ), Miguel ( 2 ), Cristian ( 2 ), Bruno ( 4 ), Crespo ( 3 ), Borja ( 5 ) – equipo inicial – Jesús, Hugo, Carlos, David, Efrén ( 1 ), Nicolás ( 2 ), Adrián ( 4 ).

Colexiado: O colegiado Sr. Pereira Navaza repartiu acertos e erros para os dous equipos sen influir no resultado.

Asesoría Sueiro Xiria impúxose por 34 goles a 25 ó Bm. Lalín, 14 – 12 no descanso, tras unha grande segunda metade.

Moi diferente foi a imaxen que nos ofreceu desta volta o Asesoría Sueiro se a comparamos ca de só fai unha semana. Dende o primeiro minuto metidos no partido cun grado moi alto de concentración e intensidade, que se convirtiu en nervos durante os primeiros dez minutos impedindo que o xogo fose fluído, entre dous equipos que sabían da importancia do envite. As alternativas no marcador foron constantes durante 20 minutos pero a partir de ahí o Xiria rompeu o partido, iso parecía e se foi a catro goles de ventaxa, mais unha situación de inferioridade foi aproveitada polo Lalín para se achegar no marcador cando acababa o primeiro tempo.

Pero a segunda metade foi de total dominio carballés na que conqueriu un parcial de 20 a 13 que deixa ben ás claras a diferencia que se viu no pavillón da Zona Escolar. A intensidade defensiva e a aportación da portería do cadro local imposibilitou o xogo do equipo do Deza e os ataques carballeses finalizaban unha e outra vez en lanzamentos moi cómodos, e só os erros ante o gardamenta dezano impediron unha maior diferencia.

Agardemos que a vindeira xornada, en Pontevedra ante o Teucro, o xogo do Asesoría Sueiro Xiria teña a mesma intensidade.