CALVO XIRIA 31 – BM. PORTADEZA-LALÍN 26

Calvo Xiria: Quique, Alberto ( 7 ), Alfonso ( 1 ), Hernán ( 1 ), Marcos ( 2 ), Carlos ( 5 ) e Javi Zas ( 4 )–equipo inicial- Víctor, Dubra ( 2 ), Nahuel ( 1 ), Cuco, Fernando, Queco e Chimpo ( 8 ).

Bm. Portadeza-Lalín: Pablo, Diego ( 3 ), Pincho ( 8 ), Josiño ( 3 ), Gus ( 2 ), Rubén ( 4 ) e Roberto –equipo inicial- Durán, Porto, Gulías ( 3 ), Pachi ( 1 ) e Antío ( 2 ).

Colexiados: Boa actuación dos colexiados galegos Jordi Pérez e Nacho Pereira.

Parciais cada 5 min: 1-1, 4-1, 5-3, 6-6, 9-7, 12-7, 16-10, 19-12, 22-16, 23-20, 26-23, 31-26

O Xiria abandona a última posición tras derrotar ao líder Lalín.

O Calvo Xiria confirmou en Carballo que lle ten tomada a medida ao Lalín. O equipo de Tachi Patiño recibía a visita do líder da categoría coa difícil misión de sumar o cuarto triunfo consecutivo na casa. Pero os 27 puntos que separaban aos dous conxuntos antes do partido na clasificación non amedrentaron a un Xiria que firmou un dos mellores partidos da tempada. A primeira parte comezou con moitas imprecisións e nin Xiria nin Lalín eran capaces de impoñer o seu xogo. Ambos altenaban parciais de 2-0 e 3-0 para manter a igualdade no marcador ata que, no ecuador do primero acto, os locais comezaban a fraguar a victoria. As intervencións de Quique na portería e a defensa de anticipación que axustou á perfección o Xiria propiciaron claros contraataques para os locais e moitos erros dos visitantes. A situación derivou nunca renda de cinco goles para o Xiria no descanso e a sensación de que o Lalín estaba totalmente superado polo seu rival. A segunda parte comezou da mesma maneira e o Xiria conqueriu unha ventaxa de oito goles para, prácticamente, matar o partido. As paradas de Quique, as anticipacións de Javi Zas en defensa e a movilidade do ataque facían disfrutar a unha afección que se deixou notar no Pavillón. Pero foi entonces cando o Lalín demostrou o por qué da súa condición de líder. Amparado na experiencia de Pincho, a clarividencia de Rubén Martínez e a dirección de Diego, os do Deza iniciaron unha reacción que a piques lle costa o partido ao Xiria. Os desdobramentos en seis metros eran un pesadelo para os locais e no ataque confundiuse a rapidez coa precipitación para darlle ás ao Lalín. Así, e cun parcial de 7-1, os visitantes puxéronse a un gol do Xiria cando só faltaban sete minutos para o final do partido. O Lalín desperdiciou un ataque para empatar e o Xiria encadenou un parcial de 2-0 para abrir unha pequena brecha no marcador. Os goles de Chimpo, a efectividade de Alberto Salgado –impecable durante todo o partido no lanzamento- e as penetracións de Marcos serviron para que o Xiria amarrara a victoria e selara un 31-26 que o aparta da última posición da tabla clasificatoria.