Asesoría Sueiro Xiria: Iago, Cristophe ( 4 ), Anxo ( 2 ), Gonzalo ( 5 ), Óscar ( 2 ), Aitor ( 10 ), Javier ( 3 ) – equipo inicial – Manuel, Diego, Eloy, José Luis, Iván, Jesús ( 8 ).
EPAAT Oleiros: Luis, Adrián ( 4 ), Bruno ( 6 ), Brais ( 1 ), Víctor ( 1 ), Gabriel, Iván – equipo inicial – Fuentes, Diego, Santiago, Cristian, Rubén.
Colexiado: Os colexiados Srs. Sanmartín e Castro pasaron desapercibidos.
O Asesoría Sueiro Xiria acadou unha nova victoria en partido aplazado ante o Oleiros por 34 a 12, no descanso 15 – 5.
Partido de trámite o vivido no Pavillón da Zona Escolar no que o Asesoría Sueiro comenzou por debaixo no marcador pero no que ós quince minutos de xogo estaba xa todo visto para sentencia cun equipo, o carballés, moi superior en todos os aspectos do xogo. Únicamente a sua relaxación, a baixa temperatura da xornada, que influiu negativamente no rendemento dos dous conxuntos, e a permisividade arbitral ante a pasividade do ataque do Oleiros ( algunha acción prolongouse por máis de dous minutos ), impediron unha diferencia maior no electrónico.
A vindeira, e penúltima, xornada posponse ata o 15 de Xaneiro, e levará o cadro carballés a Camariñas nun partido vital para o conxunto local nas suas aspiracións de cara o Campionato Galego, polo que se espera que sea un partido bonito para o espectador.