E. M. CAMARIÑAS 26 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 34
E. M. Camariñas: Alejandro, Diango, Ernesto ( 1 ), Juan ( 6 ), Sergio ( 1 ), Fabián ( 11 ), Alberto ( 7 )- equipo inicial – Héctor, Cristian,…
E. M. Camariñas: Alejandro, Diango, Ernesto ( 1 ), Juan ( 6 ), Sergio ( 1 ), Fabián ( 11 ), Alberto ( 7 )- equipo inicial – Héctor, Cristian, Varela, José.
Asesoría Sueiro Xiria: Iago, Cristophe ( 8 ), Joaquín ( 8 ), Gonzalo ( 7 ), Óscar ( 1 ), Anxo ( 1 ), Javier ( 2 ) – equipo inicial – Manuel, Diego ( 2 ), Guillín, Iván, Eloy, Jesús ( 5 ).
Colexiado: O colexiado Sr. García Cortizo fixo un bo papel.
O Asesoría Sueiro Xiria acadou unha nova victoria, ante o E. M. Camariñas, que lle serve para facerse matemáticamente coa primeira praza da liga Provincial Xuvenil Masculina reeditando así o título acadado nas últimas campañas.
O partido foi controlado polo cadro carballés dende o inicio do encontro que marcou sempre diferencias de catro e cinco goles mais cando se aproximaba o tempo de lecer baixou as suas prestacións e esto fixo que o Camariñas se fose ó descanso con moitas opcións no encontro xa que o electrónico reflectía un 13 a 14 a favor dos carballeses, froito de moitos erros no lanzamento e a relaxación en defensa.
Non cambiou a tónica nos minutos iniciais do segundo tempo, ata que o cadro do Asesoría Sueiro empezou a traballar de novo en defensa, e froito de rápidos contraataques rompeu definitivamente o encontro, aínda que mantivo a súa habitual tendencia a perdoar na liña de 6 metros, aspecto que terá que mellorar de cara o Campionato Galego senón quere ter graves problemas para acadar triunfos nesta segunda fase da temporada. O marcador final reflectiu un 26 a 34 que deixa ben as claras a diferencia de potencial entre os dous equipos na actualidade.
O vindeiro sábado as 16:30 horas no Pavillón Bergantiños xogará o Asesoria Sueiro Xiria ante o Bm. Viveiro a derradeira xornada da liga provincial. Se acada a victoria rematará esta fase da competición invicto e contando os seus encontros por victorias.