ASESORÍA SUEIRO XIRIA 36 – Bm. Bueu 19

29/01/2005 1ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Cuco ( 4 ), Queco ( 4 ), Hugo ( 2 ), Cristophe, Carlos ( 6 ), Rodrigo ( 2 ) – equipo inicial – Iván, Miguel Díaz ( 1 ) , Alex ( 1 ), Alberto, Chimpo ( 10 ), Aitor ( 6 ), Gonzalo

BM. BUEU: Damián, Moisés ( 6 ), Julio ( 2 ), David ( 2 ), Gonzalo, Iago ( 1 ), Carlos– equipo inicial – Rubén, Salvador, Daniel ( 1 ), Iván ( 2 ), Juan ( 3 ), Ogando ( 1 ), Lamosa ( 1 )

O Asesoría Sueiro Xiria comenzou a Fase Autonómica Xuvenil acadando unha victoria ante o Bueu por un abultado 36 a 19, no descanso xa vencía por 16 – 9.

Como xa ven sendo habitual, e nada recomendable, comenzou sen a intensidade necesaria o cadro carballés que no minuto doce perdía por un parcial de 6 a 7, mais certas inxustizas arbitrais fixeron que o Asesoría Sueiro entrase en xogo e cunha defensa moito mais presionante cortou de raiz o ataque do Bueu.

Xa na segunda metade non baixou o ritmo, agás entre o minuto 15 e o 20, e foi ampliando a diferencia ante un equipo prácticamente de primeiro ano que apunta boas maneiras e que de seguro que na sua casa vai ser un rival moito mais perigoso.

A vindeira fin de semana o Xiria viaxa a terras do Deza para xogar ante o Balonmán Lalín, nun encontro que se presenta moito máis axustado ante un rival que perdeu na primeira xornada e que na súa casa non se pode permitir ningún traspés. Para conquerir os dous puntos o equipo carballés deberá amosar a sua mellor cara dende o primeiro minuto e non esperar a que pase un tercio do partido.

O colexiados Srs. Pérez e Pérez non tiveron o mesmo rasero para os dous equipos no plano disciplinario e cometeron erros de bulto que noutro encontro poden ser decisivos.