06/03/2005 6ª XORNADA
ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Iván, Cuco ( 4 ), Queco ( 4 ), Hugo ( 2 ), Cristophe ( 2 ), Carlos ( 15 ), Chimpo ( 6 ) – equipo inicial – Anxo ( 2 ), Alex ( 1 ), Alberto, Aitor, Gonzalo, Rodrigo, Miguel.
BUEU ATL. BALONMÁN: José, Moisés ( 10 ), Julio ( 1 ), David ( 9 ), Iago ( 4 ), Juan ( 4 ), Salvador ( 1 ) – equipo inicial – Gonzalo, Carlos, Rubén, Iván ( 1 ), Damián, Costas.
O Asesoría Sueiro Xiria comenzou a segunda volta da liga galega en Bueu acadando unha traballada victoria por 36 a 30 ( 14 – 14 no descanso ).
Non comezou ben o cadro carballés, descentrado despois da viaxe, e cedía a iniciativa no marcador ós locais debido a imposibilidade de defender, calquera contacto implicaba unha exclusión mais os ataques só eran castigados con situación de pasivo estando en inferioridade numérica (e únicamente se o ataque era do Xiria ), e a falla de tino no lanzamento (errou os seus primeiros cinco lanzamentos de seis metros ).
Xa na segunda metade conseguiron os carballeses un alto porcentaxe no lanzamento que se traduciu na diferencia final no marcador. Reseñable a aportación do conxunto que sufriu a baixa por acumulación de exclusións de Cuco e Cristophe ós poucos minutos de comezar o segundo tempo. Seguindo nesta liña de traballo en equipo o Asesoría Sueiro Xiria pode seguir aspirando a todo.
Na vindeira xornada, sábado as 19:00 horas no Pavillón da Zona Escolar, enfrontarase o Bm Lalín nun duelo no que os carballeses non teñen marxe para o erro.
Os colexiados Srs. Pallarés e Rodríguez desastrosos, tiveron un resorte para indicar sancións disciplinarias para os dous equipos, ainda que esto só durou a primeira metade xa que na segunda os únicos que sufrían exclusións eran os carballeses (chegaron a un total de once por cinco do equipo de Bueu ).