ASESORÍA SUEIRO XIRIA 39 – BM OLEIROS 15
Asesoría Sueiro Xiria (21+18) 39: Guillín, Joaquín (4), Díaz (3), Ramón (6), Óscar (4), Manuel (4) e Javier (4) – equipo inicial – Iago (p.s.), Puente, Eloy (2), Norberto (2),…
Asesoría Sueiro Xiria (21+18) 39: Guillín, Joaquín (4), Díaz (3), Ramón (6), Óscar (4), Manuel (4) e Javier (4) – equipo inicial – Iago (p.s.), Puente, Eloy (2), Norberto (2), Juan (4) e Ricardo (6).
Bm Oleiros (8+7) 15: Iván, Adrian (2), Diego (4), Brais (6), David Díez, Luís (2) e Pablo – equipo inicial – David Rocha (1).
Árbitro: Vicente Pérez. Ben.
Incidencias: Encontro correspondente á 5ª Xornada do Campionato Territorial Norte Xuvenil Masculino disputado no Pavillón da Zona Escolar en Carballo ás 12:15.ante 100 aficionados.
Partido moi desigual o que se viu este sábado no Pavillón da Zona Escolar. Un Oleiros con varias baixas presentábase en Carballo despois de vencer claramente ó Bm. Viveiro (49-16), pero os visitantes non tiñan o seu día e o Xiria encarrilou moi pronto o choque, que xa no minuto 20 mostraba unha vantaxe de 10 goles (15-5) a prol dos locais.
De aí ata o final pouco máis, un partido moi rápido, con continuos contragolpes dos locais, que pouco a pouco foron aumentando a renda ata o remate.
Este Mércores día 1 o Xiria desprazase a xogar a Ferrol en partido correspondente a 6ª xornada, co Tirso de Molina Mosteiro de Poio (11:00), nunha semana crucial na que se medirá o próximo fin de semana ao Caixanova Oar en Carballo.