Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

TIRSO MOSTEIRO DE POIO 18 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 37

Tirso Mosteiro de Poio (6+12) 18: Diego (1), Alejandro, Manuel (4), Marcos, Pablo (3), Alberto (3) e Alfonso – equipo inicial – Carlos (3), Felipe (1), Juan (1), Sergio (1),…

Tirso Mosteiro de Poio (6+12) 18: Diego (1), Alejandro, Manuel (4), Marcos, Pablo (3), Alberto (3) e Alfonso – equipo inicial – Carlos (3), Felipe (1), Juan (1), Sergio (1), Jaime (1), Veison e Miguel.

Asesoría Sueiro Xiria (18+19) 37: Guillín, Joaquín (10), Díaz (2), Óscar (4), Ramón (3), Manuel (7) e Puente (2) – equipo inicial – Iago (p.s.), Juan (2), Eloy (3), Norberto (3), Iván (1) e Ricardo.
Árbitro: Enrique Freire. Regular
Incidencias: Encontro correspondente á 6ª Xornada do Campionato Territorial Norte Xuvenil Masculino disputado no Pavillón do Colexio Tirso de Molina en Ferrol ás 11:00. Pobre entrada con apenas 50 espectadores nas gradas.

Partido que se prometía moi complicado, nunha difícil cancha, na que tanto Oar (29-30) como Camariñas (24-29) sufriron moito para gañar, pero sen embargo o choque foi moi desigual xa desde o principio. O Asesoría Sueiro Xiria, cunha boa defensa e rápidos contraataques, foise ao descanso cunha vantaxe de 12 goles e con só seis tantos encaixados (6-18).

Na reanudación os locais apretaron, dando mostras de non renderse cun parcial de 6-3. O equipo de Marcos Trigo reaccinou e fixo un parcial de 3-14 que establecía a máxima diferencia a falta de cinco minutos para o remate (15-35). A destacar o debut do cadete Iván cunha boa actuación.