Ata oito partidos de balonmán este fin de semana en Carballo

Ata oito partidos de balonmán este fin de semana en Carballo

Este fin de semana teremos outra xornada repleta de balonmán en E. BM. Xiria. Moitos destes enfrontamentos se levarán a cabo entre o pavillón Vila de Noia e o do CEIP Fogar e é que en ata oito encontros os diferentes conxuntos do club actuarán como locais.
O partido máis destacado, será sen dúbida o que enfronte na 1ª nacional ao Calvo Xiria e ao Bueu Atl. Balonmán o Sábado ás 18:00 h no Vila De Noia. Será un enfrontamento de novo vital para as aspiracións dos bergantiñáns, dado o apertada que está a clasificación. O conxunto verdinegro debe de seguir coa súa boa serie e só un triunfo asegúralle como mínimo seguir nesa segunda praza de privilexio que actualmente ocupa. O Bueu Atl será un difícil rival, que posúe un extenso persoal e unha notable calidade en todos os postos.
Outro dos partidos destacados e tamén en categoría senior, pero neste caso en feminino, será o derbi que o Sábado ás 16:00 h enfronte en Ponte Do Porto ao Encaixe Camariñas Conservas Boya e ao Goldie Xiria. As carballesas, que xa foron capaces de alzarse cos dous puntos en xogo na primeira volta, darán un importante golpe en caso de vitoria, aínda que o excelente carácter competitivo das locais non llo poñerá nada fácil.
Xa en División De Honra, os equipos de E. BM.Xiria retoman a competición despois do parón do fin de semana pasado. O Grupo Lemaco Xiria cadete farao en primeira instancia, será o Sábado ás 11:30 h no pavillón do CEIP Fogar e ante o Rasoeiro BM. Non hai marxe de faio para os carballeses se queren seguir posicionados nos postos altos e con opcións de alcanzar posicións máis altas. Pola súa banda, pero xa o Domingo, os infantís do Garaysa e xuvenís do Laber, reciben ao Nova Xestión Pavillón (11:15 e 12:45 respectivamente) no Vila De Noia. Os infantís, ben colocados na táboa, esperan sumar dous novos puntos para seguir na loita polos postos que dan opcións a xogar a fase estatal e os xuvenís, despois da dura derrota hai dúas semanas contra a SAR de Redondela, vense obrigados a saír vitoriosos fronte a un equipo ao que xa derrotaran con contundencia na primeira volta.
En segunda División, teremos os enfrontamentos de categoría infantil feminina entre Asador A Ronda RC Arteixo e Punta Del Este Xiria por unha banda (Sábado 12:30 h pavillón Galán- Oseiro, Arteixo) e Garaysa Xiria- Ribadosar por outro (Domingo 11:30 h pavillón CEIP Fogar). Os dous equipos de Carballo esperan poder sumar dous novos triunfos, as nenas do Punta Del Este para seguir a súa serie triunfal que lles fai contar os seus partidos por vitorias e as do Garaysa, despois de conseguir estrear a súa marcadora de puntos, para enlazar dúas vitorias consecutivas, que sería unha maneira excelente de fortalecerse animicamente. Na mesma división, pero na categoría cadete masculino, o Xiria Hierros Varela Urbieta aspira a mostrar o seu poderío ante o líder Ribadosar Amancio Deportes o Domingo ás 10:00 h no pavillón do CEIP Fogar.
Pechamos a xornada cos dous equipos alevíns de BM7. Mentres o Xiria A exercerá de local ante o BM.Xallas (Pavillón CEIP Fogar, Sábado 10.00 h), o Xiria B viaxa a Coruña para enfrontarse ao Línea 21 no pavillón de Novo Mesoiro o mesmo día ás 13:00 h.