ATL NOVÁS MECALIA 28 – VIPECÓN XIRIA 32

Atl Novás Mecalia 28 (14+14): David, Gabriel (7), Daniel, Marcos (10), Jorge (1) , Miguel (8), Óscar (2) -equipo inicial- Taboada, Juan, Mario, Adrián, Diego, Marcos

Vipecón Xiria 32 (15+17): Bisbi, Miguel (5), Brais (11), Iago (12), Jorge, Antón (2), Martín (1) -equipo inicial- Joaquín, Luís (1), Heitor, Iván Eiroa, Damián, David, Chouciño

Colexiados: Pablo Goitia e Antonio Moledo. Non estiveron afortunados pero non influiron no resultado final.

Espectacular partido do Vipecón Xiria, na penúltima xornada de liga na División de Honra Cadete, que conseguíu unha vitoria que permite ao equipo carballés manter o cuarto posto na clasificación igualado a punto co Teucro, aínda que estes contan con un partido menos disputado.

Antollábanse moi complicados os catro últimos partidos para o Vipecón, tanto pola entidade dos seus rivais como pola baixa do lanzador carballés David. Pero casta e bo xogo que están a amosar este equipo ao longo de toda a campaña fai que estes rapaces se crezan ante as adversidades e tanto é así que conseguían facerse co trunfo nestes catro partidos acadando así os oito puntos en xogo. No trunfo dos carballeses sobre os do Rosal poidemos ver un encontro cheo de bo balonmán, calidade, actitude e competitividade por parte dos xogadores de Carballo.

O partido comezou con moita igualdade, aínda que con minimas vantaxes a prol dos visitantes. Os do Rosal facían dano ao Vipecón nos un contra un e na sociedade do seu lateral esquerdo co pivote e os de Carballo facían danos aos locais a través dos rapidos contragolpes en segunda oleada e no seu xogo de primera liña. O ataque aos espazos e a continuidade, así como os lanzamentos e xogo de recursos que aportaba a técnica e táctica individual dos xogadores carballeses, facían destrozos na defensa dun Atl. Novás que marcaba en mixta ao lateral zurdo Antón. Estábase a ver un partido atractivo e vibrante e que prometía moito máis cara a reanudación dado o axustado marcador ao descanso, 14-15.

Na segunda metade o partido transcurríu nunha liña semellante á da primeira, pero houbo un momento no que o Vipecón Xiria se conseguíu despegar un pouquiño no marcados acadando unha renda de tres goles que representou xa unha distancia insalvable para os locais. Demostaron os bergantiñáns ter, nestes momentos, moito máis “pouso” e madurez e souberon ler perfectamente o momento do partido, o tempo, a diferenza e xogar con todas estas variables para que lles representara un beneficio ao remate do mesmo.

Como conclusión só dicir que este resultado de 28-32 ven a reflectir un partido soberbio e serio dos nosos rapaces, que do mesmo xeito plasma na taboa clasificatoria un sobresainte campionato que hai que refrendar no derradeiro partido do ano o vindeiro sábado, ás 10.30 h no Pavillón Bergantiños, fronte ao penúltimo clasificado o Bm. Cangas.