BALONMÁN CANGAS 22 – GARAYSA XIRIA 30

Balonmán Cangas 22 (8+14): Manuel, Gonzalo (8), Antonio, Jose Manuel (3), Alfredo (1), David (1), Manuel (2) -equipo inicial- Alejandro (3), Rubén, Antón, Pedro, Rogelio, Guillermo (2), Daniel (2)

Garaysa Xiria 30 (18+12): Martín Gómez, Edu (4), Jorge (6), Martín Alfeiran (4), Álex (3), Javi, Rubén Gómez (8) -equipo inicial- Miguel, Rubén Anes (1), Julian (2), Luís (1), Calvete (1)

Colexiados: José Fernández, estivo ben nun encontro sen problemas.

Partido correspondeente á 23º xornada de liga na División de Honra Infantil, que enfrontaba ao Garaysa Xiria, terceiro clasificado, e ao Bm Cangas, sétimo clasificado na zona media da táboa, e que se saldaba cunha nova vitoria do equipo carballés.

El partido estivo sempre marcado pola diferenza no marcador a prol do Garaysa. Os rapaces do Xiria acadaron pronto diferenzas grazas a boa labor defensiva realizada, isto unido ás rápidas transicións no ataque facía que os carballeses acadaran ao descanso unha renda de dez goles que deixaba o encontro finiquitado.

Na segunda metade o Balonmán Cangas apretou e reduciu a diferenza ata os seis goles pero o Garaysa volveu a realizar boas defensas nos minutos finais sentenciando o partido.

Con esta vitoria e a derrota do Bm Lavadores os Garaysa afiaánzase na terceira posición e agarda algún pinchazo do Teucro nas últimas catro xornadas que lle permita o asalto á segunda praza. Na próxima xornada o Garaysa Xiria recibe, sábado ás 10.30 h no Pavillón da Zona Escolar, a visita do Bm Ártabro, oitavo clasificado.