ATL. NOVÁS MECALIA 29 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 30

Atl. Novás Mecalia: 29 (14+15): Sousa, Miguel (13), Carlos (4), Gabriel (5), Marcos (3), Fabián (2), Nathan (1) -equipo inicial- José, Mario (1), Xabier, Jorge, Marcos P., Dani, Óscar.

Ifecgás Pereira Xiria: 30 (18+12): Iván, Iago (9), David (10), Martín, Jorge (2), Miguel (5), Mario -equipo inicial- Alvarito, Brais (3), Dani López, Dani Amado, Joaquín(1).

Colexiados: Angelica Comesaña e Pablo León..

Encontro pertencente á 3ª xornada de liga e que fora aprazado no seu día por mor da convocatoria do xogador carballés David García polo equipo nacional promesas.

Excelente encontro disputado polos xogadores do Ifecgaá Pereira Xiria que mandaron no envite dende o inicio nunha das pistas máis dificiles do campionato. O partido comenzaba cun equipo visitante moi metido no papel e que conseguía uns primeiros parciais importantes de catro e cinco goles de diferenza, obrigando ao adestrador do Novás a solicitar rapidamente o primeiro tempo morto. Tras este parón non trocaron en nada as tornas e os de Carballo seguían co seu ritmo trunfal para establecer un marcador parcial no intermedio moi favorable, 14-18.

No inicio da reanudación, as cousas seguían da mesma maneira, cos do Xiria comandando o marcador e ampliando as diferencias grazas a unha concentración, solidaridade e efectividade no ataque posicional certamente notable. Cando empezaron a chegar as primeiras exclusións, asomaron tamén os primeiros problemas para os de Carballo, acompañados por dúas mixtas que propoñía o entrenador local. A pesar de todos os inconvenientes polos que pasaron os visitantes, nunca lle perderon a cara ao encontro, aferrándose con crenza absoluta a un resultado positivo que lles facía moita falta. Os locais puxeron en serios apretos aos bergantiñás, achegándose en varias ocasións ata un só gol de diferenza, pero nunca foron quen de tomar a dianteira no electrónico. Os últimos minutos do encontro mellor xogado polo equipo carballes daban unha vitoria de ouro aos do Ifecgás Pereira que deixan así os postos de descenso a tres puntos.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgas Pereira Xiria será o 28/12/10 ante o OAR na dificil pista coruñesa de San Francisco Javier.