Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMÁN ARTABRO 24 – GARAYSA XIRIA 27

Bm Ártabro 24 (12+12): Pablo, Julio (5), Iago (2), Xulián (5), Manuel (3), Álex (3), García (2), Jacobo (1), Mazos (3), Alvaro, Antonio, Fernando Garaysa Xiria 27 (16+11): Miguel, Rubén…

Bm Ártabro 24 (12+12): Pablo, Julio (5), Iago (2), Xulián (5), Manuel (3), Álex (3), García (2), Jacobo (1), Mazos (3), Alvaro, Antonio, Fernando

Garaysa Xiria 27 (16+11): Miguel, Rubén Gómez (12), Javi (1), Martín Alfeirán (4), Álex (8), Rubén Anes (1), Jorge Bouzas (1) -equipo inicial- Calvete, Iván, Luís, Julián López. Non xogaron por estar mancados Edu e Martín Gómez

Colexiados: Cesar Carballo e Antonio Gomez no influion no resultado..

Partido complicado para O Garysa Xiria que se medía a domicilio ao terceiro clasificado, eso si cos mesmos puntos que os carballeses e un encontro máis disputado por parte dos de Oleiros.

Dende o primeiro momento o equipo carballes saíu á cancha sabendo que era o que tiña que facer para conseguir levarse a vitoria: unha defensa forte e non cometer erros de perdas de balón en ataque. E iso foi o que fixo o Garaysa durante a primeira metade. O Ártabro estivo cambiando de defensa continuamente durante a primeira metade, probando distintos tipos de defensas abertas, maís pechadas, pero ningunha delas era capaz de frear a ofensiva carballesa. Polo contrario a defensa do Xiria funcionaba case á perfección. Con isto chágabase ao intermedio con catro goles de renda a prol dos de Carballo 12-16.

A segunda metade comezou dun xeito semellante a como transcorría o choque pero o equipo visitante comezou a relaxarse en defensa e o seu ataque xa non era tan fluído o que propiciaba erros no pase que unido aos erros claros no lanzamento dende seis metros facía que os de Oleiros se fosen achegando no electrónico. Nos últimos minutos o Garaysa contaba cunha renda de dous goles ao seu favor que soubo rentabilizar ata o remate do partido. Con etsa vitoria o Xiria colócase terceiro na clasificación.