Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMÁN Ártabro 33 – GARAYSA XIRIA 36

Balonmán Ártabro: 33 (16+17): Antón (2), Rubén (21), Raúl (1), Roberto, Alfonso (1), Ángel, Jorge (6), Javier F., Javier G., Lucas F., Lucas D. (1), Javier, Nacho (1). Garaysa Xiria:…

Balonmán Ártabro: 33 (16+17): Antón (2), Rubén (21), Raúl (1), Roberto, Alfonso (1), Ángel, Jorge (6), Javier F., Javier G., Lucas F., Lucas D. (1), Javier, Nacho (1).

Garaysa Xiria: 36 (18+18): Jorge, José Eiroa, Daniel García, Gabriel, Iván Campos (10), Raúl (2), Diego (6), Lolo (4), Alejandro, Pereira, Borja, Andrés, Iván Calvo (3), Enrique (11).

O Garaysa Xiria disputaba o segundo partido desta fin de semana de dobre xornada e facíao viaxando ata A Coruña para enfrontarse ao Bm. Ártabro, ao que xa derrotara na primeira volta por un avultado 42-16, aínda que esta vez non ía ser tan doado.

Debido a algún problema na viaxe, os de Carballo chegaron ao pavillón do Ártabro tan só 10 minutos antes da hora do partido e dispuxo de moi pouco tempo para facer o quecemento. Este pequeno contratempo fixo que os nosos tardasen demasiado tempo en poñerlle ritmo ao partido e os erros por non estar concentrados en defensa foron sucedéndose durante os primeiros minutos. Non foi ata o minuto 15 cando o Garaysa conseguía varios goles de vantaxe para ir encarrilando o partido, 11-14. Pero o Ártabro, xogando como local, non ía deixar de loitar así como así e, grazas á enorme capacidade anotadora do seu mellor xogador, mantíñase dentro do partido. O Garaysa mantivo a vantaxe ata o final da primeira metade, 16-18, sen ser quen de distanciarse, pero tamén sen permitirlle aos ártabros poñerse por riba.

Na segunda metade viuse máis do mesmo, un Ártabro que baseaba o seu ataque na capacidade anotadora de Rubén, que rematou o encontro con 21 goles, e un Xiria que non era quen de frear o seu xogo pero que atacaba con moito criterio e sobriedade nos momentos máis complicados onde o Ártabro máis apertaba. No ecuador da segunda metade o Ártabro chegou incluso a empatar o partido, pero o Garaysa non perdeu os nervios e pronto volveu a tomar vantaxe. Así chegou o remate do encontro, 33-36, nun partido nada brillante para o Garaysa, que se complicou máis do que cabía agardar pero que a nivel de aprendizaxe foi moito máis válido que o partido de ida. Vimos a un Xiria manexando moi ben a presión nos instantes máis críticos e decisivos, onde era máis doado perdelos nervios e caer en precipitacións.

En definitiva, o equipo amosou a súa madurez e logrou levarse os 2 puntos para Carballo, que sumada á victoria de onte fronte ao Cangas colocan ao Garaysa na segunda posición da táboa, so por debaixo do Octavio.

Esta próxima fin de semana o equipo viaxará a León para disputar o VIII Torneo Nacional San José, ao que fomos invitados polo Ademar. Viaxamos o venres e chegamos o luns polo que o partido contra o Rasoeiro queda aprazado para outra fecha. Moita sorte e a pasalo ben nesta bonita experiencia que resultará, de seguro, enriquecedora para xogadores e técnicos.