Balonmán Chapela 22 – Calvo Xiria 22

O Calvo Xiria acadou un empate na súa visita á pista do Dep. Balonmán Chapela. O resultado final foi 22-22.

Na primeira metade os homes de Juan Fernández practicaron unha excelente defensa aínda que en ataque non estiveron moi acertados, chegandose ó descanso con tres goles de diferencia a prol do Chapela 10-7.

Na segunda metade os de Carballo saíron a levarse o partido e tras remonta-los tres goles de desvantaxe foron sempre por diante no electrónico ata que, a falta de 8 segundos para o remate do encontro, acadaron o empate os locais.

Hai que destacar a gran actuación de Villa na porteria e o debut na categoría do porteiro xuvenil Enrique.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Marcos ( 6 ), Fernando ( 2 ), David ( 3 ), Alberto ( 2 ), Ofi ( 2 ) e Gvazava (1) -equipo inicial- Enrique, Mario ( 1 ), Javi ( 2 ), Alfonso ( 3 ) e Sergio.

– Polo Dep Balonmán Chapela: Xosé, Germán ( 4 ), Pablo ( 5 ), Isaac ( 1 ), Rebolo ( 4 ), Novás ( 5 ) e Iván ( 1 ) -equipo inicial- Costas, Camino, Yiyi ( 2 ), Aitor, Blanco, Martíns e Edgar.
Marcador cada 5 minutos

1-2 / 3-3 / 4-3 / 7-4 / 9-6 / 10-7 / 12-6 / 13-11 / 14-14 / 16-18 / 18-20 / 22-22
Os colexiados Sres. Granados García e Pérez Costas tiveron unha mala actuación, perxudicando a ambos conxuntos.