BALONMAN FERROLTERRA 33 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 44
Balonmán Ferrolterra (18+15) 33: Juan, Jesús, Víctor, Miguel, Gayoso (3), Eneko, Xan, J Vázquez, Marcos (16), Eloi, Roberto (6), Vicente (6), Carlos (2), Martín. Adestrador: Mª Carmen Varela. Ifecgás Pereira…
Balonmán Ferrolterra (18+15) 33: Juan, Jesús, Víctor, Miguel, Gayoso (3), Eneko, Xan, J Vázquez, Marcos (16), Eloi, Roberto (6), Vicente (6), Carlos (2), Martín. Adestrador: Mª Carmen Varela.
Ifecgás Pereira Xiria (22+22) 44: Guillín, Angel, Sergio (5), Barreiro, Ruben, Fernando (11), Raúl, Hugo (3), Eloy (7), Alfredo (4), Zas (13), Adrian, Aitor, Diego (1). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiado: José Ignacio Pereira. Sen complicacións.
O Ifecgás Pereira Xiria acadou a súa primeira vitoria na xornada inaugural do Torneo Delegación Territorial ao impoñerse a domicilio ao Balonmán Ferrolterra. Unha competición que se xoga a unha soa volta entre os dez equipos da 2ª Autonómica da Territorial Norte repartidos en dous grupos de cinco equipos. Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais. O cadro carballés quedou encadrado no Grupo 2 xunto a Bm. Ferrolterra, Bm. Pontedeume.es, Tecnifont Bm. Narón e Bm. Muralla.
O equipo de Carballo, que se atopa en momentos baixos animicamente, resolveu o encontro na segunda metade.
Non fixo un bo partido o equipo carballés. Pesou moito no seu xogo a relaxación motivada pola diferenza de potencial entre ambos conxuntos, a veteranía dos xogadores ferrolás, as baixas coas que acudía, e sobre todo o sucedido na última xornada de liga coa perda da clasificación para a fase de ascenso. Todo o partido correu polos mesmos derroteiros con un Ifecgás con numerosas imprecisións en moitas das súas accións e que finalmente se levou o partido grazas a súa maior calidade.
A vindeira xornada o equipo de Juan M. Rodríguez recibirá ao Balonmán Muralla.