Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMÁN MOAÑA 22 – GARAYSA XIRIA 39

XORNADA 26 27/04/2013 Balonmán Moaña: 22 (10+12): Rodríguez (5), Durán (1), Martínez (14), Gómez, Abal, Gondar (1), Maestro, Fernández (1), Núñez, Tenorio, Barcia, Piñeiro. Garaysa Xiria: 39 (20+19): Arnejo, Carlos…

XORNADA 26

27/04/2013

Balonmán Moaña: 22 (10+12): Rodríguez (5), Durán (1), Martínez (14), Gómez, Abal, Gondar (1), Maestro, Fernández (1), Núñez, Tenorio, Barcia, Piñeiro.

Garaysa Xiria: 39 (20+19): Arnejo, Carlos (5), Antón (2), Vila (3), Roi (2), Ronaldo (1), Antonio, Tito (4), Souto, Brais, Xurxo (9), Juanca (8), Andy (2), Fran, Daniel (2).

Colexiados: Aarón Sestay e Carlos Calvar.

O Garaysa Xiria afrontaba o último encontro da presente tempada nun partido sen demasiada historia contra o pechacancelas da táboa clasificatoria, o Bm. Moaña. O encontro comezaba moi a favor do Xiria que, cun parcial demoledor de 1-8, deixaba o partido moi encarrilado a tan só 10 minutos do comezo.

Tras un tempo morto solicitado polo Moaña, o equipo local comezou a imprimirlle moita máis mobilidade ao ataque e as perdas de balón diminuíron. Os xogadores do Garaysa, sabedores da súa superioridade non puxeron toda a intensidade necesaria en defensa para frear as acometidas do rival. O que comezou sendo un paseo para o Xiria pronto se converteu nun toma e daca de goles onde as defensas, demasiado febles e sen moito carácter, cederon ante os ataques.

Con esta tónica transcorreu o encontro, o Garaysa, cun amplo colchón de goles e a vitoria máis que asegurada, non amosou a intensidade defensiva necesaria para frear o ataque moañés, que con máis corazón que cabeza lograba manter a diferenza de goles sen deixar escapar ao Garaysa.

Ao remate 22-39 nun encontro sen demasiada historia que pon o punto e final á presente tempada na que o Garaysa acadou a 6ª praza cun balance de 31 puntos, 898 goles marcados (sendo o equipo con maior potencial ofensico tras o campión Teucro) e e 732 encaixados.