BALONMÁN MOAÑA 29 – PROCASA XIRIA 26
Balonmán Moaña 29 (15+14): David, Borja, Raúl (4), Sergio (8), Miguel, Simón, Joel (9), Jefferson, Ángel, José M. (1), Andrés (1), Víctor (1), Alejandro (5). Procasa Xiria 26 (11+15): Martín,…
Balonmán Moaña 29 (15+14): David, Borja, Raúl (4), Sergio (8), Miguel, Simón, Joel (9), Jefferson, Ángel, José M. (1), Andrés (1), Víctor (1), Alejandro (5).
Procasa Xiria 26 (11+15): Martín, Iván, Chouciño (1), Joaquín (5), Luís García (2), Calvete (5), Damián (2), Mario (3), Jose A., Rubén (5) y Luís Iglesias (3).
Colexiados: Abel Juncal y Andrés Bacelar.
Despois de unha xornada de descanso, o Procasa Xiria viaxaba ata a península do Morrazo para enfrontarse aó Balonmán Moaña, 5º clasificado da táboa, en partido da 8ª xornada, 1ª da segundo volta, na 2ª División Cadete.
O Procasa Xiria presentouse no Pavillón do Rosal de Moaña coa única baixa de Ricardo. O partido comezaba de cara para os de Carballo, que no min. 5 xa gañaban por 0-4. Pero os locais non tardarían en reaccionar e con unha defensa moi adiantada, case en 3-3, aproveitáronse de varios erros de lanzamento do Xiria e conseguían igualar o encontro, 8-8. O Procasa perdeu o bo xogo dos primeiros minutos e o Moaña poñíase por diante no marcador, chegando ao descanso cunha vantaxe de 4 goles, 15-11.
Na segunda metade o Xiria saía coa premisa de asegurar os lanzamentos claros e xogar con máis mobilidade en ataque posicional, pero o Moaña non ía regalar nada. Os numerosos lanzamentos errados, paos e perdas de balón nos pases, poñíanlle costa arriba o partido a un Procasa que, sen embargo, non deixaría de loitar.
Unha dobre mixta defensiva sobre o central e o lateral esquerdo do Moaña porían en apuros o ataque dos locais que comezaron a precipitarse e a perder balóns, que se convertían en contraataques para o Xiria. Así os de Carballo lograban reducir a súa desvantaxe de 9 a 3 goles, pero pese a todo o esforzo e o caracter loitador mostrado no último cuarto de hora de partido non ía ser suficiente para alcanzar a vitoria.
Ao final caían os de Carballo por 29-26, tras un partido no que puidemos ver as dúas caras do Procasa, a derrotista do final do primeiro tempo e o principio do segundo, e a cara positiva e de loitador amosada nos últimos 15 minutos do encontro.
A vindeira xornada visítanos o Bm. Cangas nun partido moi importante cara á clasificación para a segunda fase do campionato. Así que moito ánimo, a recuperarse do tropezo sufrido e pensar que nunca hai un fracaso senón unha lección.