Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMÁN CANGAS 27 – GARAYSA XIRIA 27

Balonmán Cangas 27 (12+15): Xavier, Daniel Cáceres (2), Xoel (6), Antonio (2), Xurxo, Marcos, Daniel García (10), Pedro, Pepe (2), Samuel, Roi, Mauro (2), Alberto (2), Xairo (1). Garaysa Xiria…

Balonmán Cangas 27 (12+15): Xavier, Daniel Cáceres (2), Xoel (6), Antonio (2), Xurxo, Marcos, Daniel García (10), Pedro, Pepe (2), Samuel, Roi, Mauro (2), Alberto (2), Xairo (1).

Garaysa Xiria 27 (15+12): Jorge, Cristian, Daniel Garcia(1), Iván, Óscar (5), Alberto (4), Julián (14), Enrique, Raúl, Diego (1), Manuel (2), Daniel Buño, Gabriel, Francisco.

Colexiados:
O Garaysa Xiria conseguiu un importante empate na pista canguesa do Gatañal na.11ª xornada de liga na División de Honra Infantil.

Os rapaces do Garaysa saí moi centrados á cancha, xogando, durante a primeira metade, con calma e movendo ben o balón, sen cometer moitos erros de pase. Os de Cangas atacaban ben á defensa carballesa o que impedía que o Garaysa puidese escaparse no marcador. No descanso o electrónico sinalaba un 12-15 a prol dos de Alberto Salgado.

Na segunda matade o equipo carballés comezou a comter moitos erro no ataque, sobre todo pisando a liña de 6 m e perdas de balón por non encarar a portería o que motivou a remontada do Cangas, chegándose igualados aos minutos finais do encontro. A falta de corenta segundos para o remate, o choque atopábase igualado a 27, a posesión era do Garaysa, pero Julián non chega ao balón e é arrollado polo porteiro Cangués nunha mala saída. Tarxeta vermella para o porteiro e posesión para Cangas pero sen tempo para nada máis. Final de partido moi intenso e bo punto o acadado polos carballeses lonxe do seu feudo.
Destacar as prestacións ofensivas do lateral carballés Julian así como o bo facer dos dous gardametas do Xiria ao longo de todo o partido.

Na vindeira xornada, o Garaysa Xiria desprázase a Vigo para medirse, sábado ás 10.30 h no Pavillón de Balaidos 1, ao Caixanova Octavio.