BALONMÁN PABELLÓN 28 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 21
Balonmán Pabellón 28 (13+15): Ángel, Borja (2), Xurxo (11), Tomás (1), Victor (3), Diego (5), Adrián (4) -equipo inicial- Anxo, Rubén, Aarón, Manuel, Diego V., Julio (1), Luís (1). Ifecgás…
Balonmán Pabellón 28 (13+15): Ángel, Borja (2), Xurxo (11), Tomás (1), Victor (3), Diego (5), Adrián (4) -equipo inicial- Anxo, Rubén, Aarón, Manuel, Diego V., Julio (1), Luís (1).
Ifecgás Pereira Xiria 21 (10+11): Naya, Iván (6), Zas (7), Diego (2), Pombo, Óscar (2), Dani (3) -equipo inicial- Boti (1), Andrés, Néstor.
Colexiado: Angélica Comesaña e Pablo León. Non influiron no resultado.
Segunda xornada na División de Honra xuvenil que enfrontou ao Ifecgás pereira Xiria co Balonmán pabillón de Ourense e que supuxo a primeira derrota para o equipo carballés. O cadro de Carballo tivo que viaxar con tan só oito efectivos por mor de lesións e algún virus. O encontro foi sempre de cara para os locais grazas sobre todo á súa maior entrega e actitude, sen estar exentos de calidade, sobre todo no seu central e extremo esquerdo.
O Ifecgás pereira comezou o encontro moi despistado e frío fronte a un equipo que, a pesar de ser inferior en calidade ao carballés, amosouse moi superior no seu carácter competitivo o que unido á escaseza de efectivos nos bergantiñás foron circunstancias cruciais no resultado final. O Balonmán Pabellón xogou moi ben as súas cartas, os seus homes amosábanse atentos, concentrados e contundentes na defensa 6:0, axudados polo seu porteiro e no ataque posicional o central do equipo facía que iste xogara de forma disciplinada e levara sempre o ritmo do encontro. Xa no descanso o marcador era favorable aos locais por 13-10.
A segunda metade continuou polos mesmos derroteiros, cun 2-0 de parcial no reinicio, os de Ourense íanse de cinco no electrónico e a distancia xa foi de todo irrecuperable, aínda que o Ifecgas Pereira arriscou cunha defensa individual a falta de dez minutos. Ao remate, un doloroso 28-21 ante un equipo inferior en calidade, pero que o outro día foi superior en todo aos de Carballo.
O próximo encontro a disputar polo Ifecgas Pereira será na casa contra un dos favoritos da competición, á SD Teucro de Pontevedra.