MARNOVA SEIS DO NADAL COIA 33 – VIPECÓN XIRIA 22

Marnova Seis do Nadal Coia 33 (20+13): Carlos, David (4), Diego (8), Manuel (4), Guillermo (7), Victor (6), Alberto (3) -equipoinicial- Eduardo, Pedro, Óscar, Rodrigo, Aarón, Adrián, Anxo (1).

Vipecón Xiria 22 (9+13): Bisbi, David (9), Miguel (5), Brais (2), Iago (4), Damián, Jorge Viñas -equipo inicial- Joaquín, Martín, Heitor (1), Iván Eiroa, Jorge Docampo, Luís, Iván Lorenzo.

Colexiado: Pablo León e Inocencio Pérez, sen influencia..

Derrota do Vipecón Xiria fronte a un dos rivais máis complicados e un dos favotitos ao título, o Seis do Nadal.

O partido comezou cun equipo carballés descoñecido xa que non amosaba a rapidez no contraataque e no seu xogo como nos ten acostumado, lonxe destes detalles convertíase nun equipo lento e previsible que daba máis facilidades a un equipo local que xa de por si se amosaba superior. A excesiva calor que había no pavillón vigués era infernal e isto non favorecía o xogo do Vipecón Xiria, os xogadores afogábanse en canto facían dúas carreiras e, foi deste xeito que o adestrador bergantiñán tivo que facer moitos cambios neste periodo. A maior antropometría dos locais facía o resto e notábase unha diferenza moi notable en canto a experiencia de un e outro equipo, a sabendas que un ano de máis nestas categorías é case definitivo. O marcador, que reflectía un 20-9 para os locais, deixaba claro que os visitantes estaban descoñecidos no seu xogo, a pesar da superioridade dos de Vigo, e poñía de manifesto a superioridade antropométrica e de calidade na actualidade do equipo de Coia.

A segunda parte foi máis igualada, parecía que o calor non era tan forte e os carballeses. aínda sen alcanzar o seu mellor momento de xogo, comezaban a correr. Os trinta minutos transcorreron do mesmo xeito e o Vipecón Xiria era quen de subírselles ás barbas o poderoso equipo vigués, tanto que o resultado final era de 33-22, é dicir un parcial na segunda metade na que o equipo de Carballo conseguía un meritorio empate a 13.

O vindeiro partido dos carballeses será fronte á SD Teucro, outro potente rival.