Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMANO PORRIÑO 31 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 32

Balonmano Porriño: 31(15+16): Brais, Fabián (10), Manu (5), Jesús (3), Hugo (3), Samuel (3), Jorge (2) -equipo inicial- Xoan (2), Miguel, Docampo, Gonzalo, Sergio (3), Otero. Ifecgás Pereira Xiria: 32…

Balonmano Porriño: 31(15+16): Brais, Fabián (10), Manu (5), Jesús (3), Hugo (3), Samuel (3), Jorge (2) -equipo inicial- Xoan (2), Miguel, Docampo, Gonzalo, Sergio (3), Otero.

Ifecgás Pereira Xiria: 32 (17+15): Zúpez, David (3), Martín (8) ,Javi (2), Miguel (5), Rubén Gómez (2), Anes (3) -equipo inicial- Mario, Calvete (4), Edu (1), Iván, Bouzas (3), Álex (1).

Colexiados: Alberto Fernández e Abel Velasco.

Partido duro e complexo para os de Carballo o que se disputou o pasado xoves na localidade pontevedresa do Porriño. O encontro correspondía a terceira xornada de liga e foi aprazado naquel momento pola convocatoria do xogador carballés David García coa selección xuvenil nacional.

Os de Carballo viaxaban a Porriño sabedores do difícil envite que ían afrontar, xa que os resultados acadados con anterioridade polo equipo local así o anunciaban.

O encontro foi tremendamente igualado dende os primeiros compases e os dous equipos mostrábanse poderosos e plasmaban sobre o parqué do municipal porriñés o seu gusto polo bo balonmán. Aos dez minutos do inicio, lesionábase o carballés David García e o adestrador visitante non ía poder contar con el durante o resto do partido, feito preocupante para as aspiracións dos de Xiria. As alternativas sucedéronse no primeiro acto, aínda que as vantaxes non superaron os dous goles de diferenza, case sempre a favor do Ifecgás Pereira. Como mostra de esta igualdade, o electrónico reflectía un 15-17 no descanso.

A segunda parte foi de dominio visitante, pero as vantaxes seguían a ser mínimas. Parecía que os de Carballo mataban o partido no minuto catorce da reanudación, xa que cun 0-3 de parcial, escapábanse no marcador con tres goles. A reacción non se facía esperar por parte dos locais, que lles devolvían o parcial aos seus contrincantes e poñían as táboas no electrónico en apenas tres minutos. Desta forma encarábanse os últimos minutos e foi cando David García saía para lanzar un golpe franco con aviso de pasivo e o convertía en gol a falta de vinte segundos, os de Xiria respiraban tranquilos sabedores de que os dous puntos marcharían para Carballo. Aínda houbo tempo para que os de Porriño meteran un gol de golpe franco directo, pero a vitoria xa era dos de Ifecgás Pereira que se poñían así á fronte da clasificación.