BM. ALCOBENDAS 30 – CALVO XIRIA 22

Bm. Alcobendas: Rubén, Zalozny ( 5 ), Jorge ( 5 ), Centeno ( 3 ), Solbes ( 1 ), Barbas ( 2 ) e Alfonso ( 10 ) – equipo inicial – Pérez, Revueltas ( 1 ), Luaces ( 1 ), Miguel ( 1 ) e Israel ( 1 ).

Calvo Xiria: Quique, Alberto ( 5 ), Chimpo ( 3 ), Javi Zas ( ), Álex ( ), Dubra ( 2 ) e Carlos ( 4 ) – equipo inicial – Víctor, Cuco ( 4 ), Nando ( 3 ), Alfonso ( ) e Pablo ( 1 ).

Colexiados: Os colexiados Coello Fernández Trujillo e Deniz Alonso tiveron unha desastrosa actuación.

Parciais cada 5 min: 3-1 / 7-2 / 9-4 / 10-6 / 12-8 / 16-10 / 18-12 / 20-14 / 22-16 / 24-18 / 27-20 / 30-22

O Calvo Xiria perde ante o Bm. Alcobendas por 30-22 (16-10).

Tarde para esquecer a do sábado. Se cadra pola longa viaxe ou polas baixas de Marcos e Fernando, os de Carballo aínda que con ganas non fixeron fronte a un conxunto superable. A actuación dos colexiados canarios foi desastrosa provocando máis de unha vez a gargallada ou o anoxo nos dous equipos, non influíu no resultado pero desde logo desconcerta a calquera xogador especialmente se vai por detrás no resultado. Nada positivo na fin de semana e agora só resta agardar o dictame dos galenos con respecto ás lesións de Fernando (xeonllo), Javi (man e xeonllo) e Dubra (tabique nasal).