CALVO XIRIA 27 – BM. CISNE GRUPO PIRSA 34
Calvo Xiria: Quique, Nahuel, Alberto (7), Hernán (2), Marcos (8), Javi Zas (4) e Carlos (4) –equipo inicial- Víctor, Álex (1), Pablo, Dubra, Chimpo (4), Nando e Cuco (1). Bm.…
Calvo Xiria: Quique, Nahuel, Alberto (7), Hernán (2), Marcos (8), Javi Zas (4) e Carlos (4) –equipo inicial- Víctor, Álex (1), Pablo, Dubra, Chimpo (4), Nando e Cuco (1).
Bm. Cisne Grupo Pirsa: Lafuente, Oliver (4), Rey (7), Diego Freire (8), Escudero (5), Javi (2) e Pablo Novás (3) –equipo inicial- Cima, Alberto, Juan Gil (3), Panero (1), Fabián, Eloy (1) e Víctor.
Colexiados: Os colexiados Lorenzo e Pérez tiveron unha mala actuación.
Parciais cada 5 min: 1-2, 1-4, 5-7, 8-11, 11-13, 11-15, 15-18, 18-20, 20-22, 20-28, 23-32, 27-34
O Calvo Xiria caeu derrotado fronte ó Bm. Cisne Grupo Prisa por 27-34.
Nova derrota dos de Carballo, nesta ocasión perante o Bm. Cisne, 2º clasificado.
Encontro igualado ata mediada a segunda metade. Durante toda a primeira metade mandaron os pontevedreses no electrónico con rendas que oscilaban entre os 2 e os 4 tantos de vantaxe, nunca conseguiron os de Vendrell, que realizaron o mellor encontro no que vai de tempada, baixar de esos dous goles de renda.
Na segunda metade continuou a mesma tónica, cos carballeses que non eran quen de reduci-la vantaxe a menos de dous goles. Mediado este segundo acto, un parcial de 0-6 a prol do Cisne finiquitaba o encontro facendo imposible a remontada carballesa.
Suliñar, no Calvo Xiria, o debut dos xogadores arxentinos Hernán e Nahuel que aínda se deben acoplar ao equipo e ao sistema de xogo carballés, así coma unha nova baixa xa que Alfonso caía mancado nun ollo no adestramento do venres.