Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM ÁRTABRO 29 – GARAYSA XIRIA 24

Bm Ártabro 29: Daniel, Jorge, David (3), Rubén (8), Alfredo (9), Favio (3), Daniel, Jesús (5), Adrián e Duarte (1). Garaysa Xiria 24: Jorge, Daniel García, Ivan (1), Oscar, Alberto…

Bm Ártabro 29: Daniel, Jorge, David (3), Rubén (8), Alfredo (9), Favio (3), Daniel, Jesús (5), Adrián e Duarte (1).

Garaysa Xiria 24: Jorge, Daniel García, Ivan (1), Oscar, Alberto (1), Julián (12), Enrique (2), Raúl, Diego (2), Daniel Buño, Gabriel, Manuel (2), Cristian (4), Miguel(1).

Colexiados:

O Garaysa Xiria desprázabase ata Oleiros para disputar un importante encontro fronte ao Bm Ártabro na 23ª xornada de liga na División de Honra Cadete. Importante porque, a pesar de que ambos conxuntos están alonxados dos derradeiros postos da táboa, o sistema de competición obriga a que o peor clasificado de cada provincia se teña que xogar a continuidade na categoría nunha promoción no mes de setembro.

Esta derrota deixa ao Garaysa como o peor dos tres representantes da provincia da Coruña e deberá remontarlle 4 puntos (3 e a golaveraxe) ao Ártabro nas 3 xornadas que restan para o remate da competición se non quere verse inmerso nesa promoción.

Respecto ao partido, a primeira metade foi moi competida e igualada, ben pelexada polo Garaysa, con tanteos moi igualados. O Bm Ártabro contaba con unha nova incorporación, un rapaz procedente do Pontedeume de 1,87 m, que lle puxo as cousa moi complicadas á defensa carballesa, aínda que Cristian e Diego conseguiron frealo en varias ocasións.

Na segunda metade o esforzo fisico empezou a pasar factura aos carballeses que comezaron a cometer erros e perdas de balón así como precipitacións no ataque. Na portería Dani Buño e Jorge repartíronse os minutos xogando unha parte cada un con bosas porcentaxes.