BM. ÁRTABRO OLEIROS JCA 42 – GARAYSA XIRIA 28
Bm. Ártabro Oleiros JCA: 42 : Roberto (1), Javier (3), Jorge (9), Brais (3), Javier, Antón (9), Alfonso (3), Raúl (1), Lucas (4), Manuel (1), Ignacio (8). Garaysa Xiria: 28…
Bm. Ártabro Oleiros JCA: 42 : Roberto (1), Javier (3), Jorge (9), Brais (3), Javier, Antón (9), Alfonso (3), Raúl (1), Lucas (4), Manuel (1), Ignacio (8).
Garaysa Xiria: 28 : Manuel, Arnejo (1), Carlos (6), Gabriel (2), Álex, Eiroa (1), Borja R. (1), Pereira (4), Juanca (6), Antonio, Calvo (5), Antón, Pablo (2), Souto.
O Garaysa Xiria afrontaba este Sábado o penúltimo encontro como foráneo da presente liga, e visitaba nesta ocasión a pista do Bm. Ártabro, equipo que arrastraba unha racha moi boa de vitorias e que amosaban unha melloría no seu xogo dende a derrota que sufriran en Carballo no encontro da primeira volta.
Xa no quecemento anterior ao partido observábase unha intensidade alta entre os xogadores, propia dun derbi contra un rival directo, o que facía presaxiar o que ía ser o encontro.
O Garaysa comezou con moito tino, varias accións consecutivas de Carlos, sempre moi intenso no extremo dereito, poñían a primeira vantaxe a prol do Xiria. O Ártabro tardou en reaccionar, e aos 10 minutos de xogo o tanteo era de 6-8 para os nosos. Pero os locais non tardaron en colocar a igualada, aproveitándose de varios erros en ataque do Xiria, e a partir de aí todo cambiou. O Garaysa non foi quen, en todo o encontro, de manter a súa filosofía de xogo estando por debaixo no marcador. Quizáis froito dos nervios pola presión do derbi, o xogo dos de Carballo trocou nunha total anarquía, cada un tentaba resolver a loita ao seu xeito e o Ártabro, moi intelixente en tarefas defensivas, fartouse a roubar balóns que remataban en claras contras.
O Garaysa foi un quero e non podo, con todo corazón e pouca cabeza os xogadores non deixaron de pelexar por cada balón, non faltou entrega, pero si temperanza e claridade. O partido foise a un terreo onde os infantís do Xiria, pola súa complexión, teñen pouco que gañar: tentando solucionar con 1×1 sen continuidade, facendo lanzamentos precipitados a longa distancia… E canto a diferenza máis crecía a prol do Ártabro, maior era a desesperación entre os nosos.
Pese a todo o equipo mantivo a cara ao encontro ata mediada a segunda metade, onde os locais aproveitáronse da confusión do Garaysa e remataron cun parcial moi favorecedor, colocando un marcador demasiado avultado para o que foi o partido.
A vindeira semana o Garaysa Xiria recibe ao Bm. Cisne o Sábado ás 12:00h no Pavillón Municipal Carballo Calero. Agardamos que sexa un bo encontro para quitar o mal sabor de boca que nos deixou esta xornada.