Bm. Cangas «Aes» 16 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 22
12/02/2004 2ª XORNADA BM. CANGAS «Aes»: David, Carlos ( 1 ), Serafín ( 1 ), Oscar ( 2 ), Raul ( 3 ), Cristian ( 3 ), Uxio ( 3…
12/02/2004 2ª XORNADA
BM. CANGAS «Aes»: David, Carlos ( 1 ), Serafín ( 1 ), Oscar ( 2 ), Raul ( 3 ), Cristian ( 3 ), Uxio ( 3 ) –equipo inicial – Alberto, Manuel, Miguel, José, Igor, Mateo, Eduardo ( 3 ).
ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Alejandro ( 1 ), Fernando ( 5 ), Dubra ( 3 ), Pablo ( 1 ), Carlos ( 4 ), Cuco ( 5) – equipo inicial – Miguel, Gonzalo, Bruno ( 1 ), Hugo, , Alberto ( 1 ), Queco ( 2 ), Chimpo ( 3).
Segunda victoria do Asesoría Sueiro Xiria noutras tantas xornadas da Liga Galega Xuvenil conquerida ante un dos favoritos para ocupar unha das dúas primeiras prazas, o Balonmán Cangas.
Non lle sentou ben ó conxunto carballés o madrugón que se tivo que dar para comezar o partido no “Pavillón do Gatañal” as once da mañá. Se ademais lle engadimos o fallo de cinco lanzamentos dende os sete metros nos primeiros vinte minutos enténdese perfectamente que o equipo local levase o mando no electrónico o longo da primeira metade. Unha defensa que non funcionaba e un ataque que non tiña fluidez facían presaxiar o peor.
Mais a mellora a nivel defensivo e a aportación da portería foron suficientes para ir recortando diferencias no marcador ata cegar o empate que se reflexaba no descanso do encontro.
A saída do vestiario tralo tempo de lecer coas ideas renovadas, e xa espertos, levou o cadro do Xiria a marcar diferencias que se foron ampliando ata o final do partido. Nin en situacións de superioridade numérica foi quen o Cangas de se achegar no marcador.Pero a diferencia final non reflicte a verdadeira diferencia entre os planteis que os dous equipos puxeron en liza.
Esperemos que na próxima xornada na que se enfrontarán O Asesoría Sueiro Xiria e o Balonmán Camariñas os pupilos de Marcos Rodríguez saían concentrados dende o primeiro minuto e non fagan sufrir os seus seareiros tal e como ven a acontecer nos últimos encontros.
3-0 / 6-2 / 8-3 / 9-4 / 9-6 / 9-9 / 10-12 / 12-15 / 13-17 / 15-19 / 15-21 / 16-22
Os colexiados Srs. Pedrido Conde e Del Río Gonzalez tiveron unha boa actuación.