Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Bm. Cisne 24 – Calvo Xiria 27

O Calvo Xiria impúxose por 24-27 ó Bm. Cisne na tarde do sábado nun encontro que, coma sempre, fixo afección. O pavillón pontevedrés parece ser propicio para os de Carballo…

O Calvo Xiria impúxose por 24-27 ó Bm. Cisne na tarde do sábado nun encontro que, coma sempre, fixo afección.

O pavillón pontevedrés parece ser propicio para os de Carballo que non coñecen a derrota nesta cancha dende fai moitas tempadas. A contenda comezaba marcada polas baixas do equipo de Juan Fernández á que se sumaba a última hora a de Alberto Salgado cun nocello escordado, aínda así a saída dos visitantes foi letal. A forte defensa e un Villa pletórico (no minuto 20’ dez paradas sobre doce lanzamentos), destrozaron ós do Lérez que só lograban anotar 3 goles en 22 minutos. Nos compases finais os locais lograron acurtar a diferencia que chegara a ser de ata 9 tantos. Resultado ó descanso 8-14.

A segunda metade, como era de agardar, veu marcada pola saída en tromba do Bm. Cisne que rozando o desastre na casa impuxo unha defensa moi agresiva e marcaba individualmente a Fernando. Os colexiados madrileños influídos pola presión do público asubiaron de forma consecutiva 6 penaltis na contra do Xiria e curiosamente cando máis duro defendían os de Covelo, non sinalaron ningunha exclusión e todas caían do lado carballés. Cunha renda estabilizada entre 2-3 goles as penetracións de Marcos e dous golazos de Javi nos minutos finais, deixaban ó Calvo Xiria con 9 puntos e sextos na clasificación.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria:

Villa , Marcos ( 8 ), Fernando ( 5 ), David ( 2 ), Ofi ( 5 ), Gvazava ( 4 ) e Sergio ( ) – equipo inicial – Víctor, Javi ( 3 ), Alfonso ( ), Dubra ( ) e Álex ( ).

– Polo Bm. Cisne:

Jose, Freire ( 5 ), Javier ( 5 ), Chof ( ), Escudero ( 1 ), Roberto ( ) e Alberto ( 1 ) – equipo inicial – Tonio, Rey ( 1 ), Oliver ( 2 ), Alberto ( ), Fabián ( ), Gil ( 9 ) e Eloy ( ).

Marcador cada 5 minutos

0-3 / 2-5 / 2-5 / 2-9 / 6-11 / 8-14 / 11-16 / 13-17 / 17-20 / 21-23 / 22-24 / 24-27