BM CISNE GRUPO PIRSA 28 – CALVO XIRIA 36

XORNADA 1
19/08/2009 BM CISNE GRUPO PIRSA 28 – CALVO XIRIA 36
Bm Cisne Grupo Pirsa 28 (12+16): Toño, Fernando Rey (3), Pablo Novás (6), Pablo Domínguez (4), Fabián (1), Javi Suárez (5), Xosé (4) -equipo inicial- Cima, Montesino (3), Aguión, Casares (1), Quintáns (1), Panero, Picallo.
Calvo Xiria 36 (19+17): Quique, Cuco (5), Ángel, Chimpo (9), Pablo (7), Iván (2), Alberto (12) -equipo inicial- Iago, Cristophe, Álex Zas, Borja (1), Manu, Ramón, Dubra.
Colexiados: Carlos de Vicente Rubio e Iván García González.
Parciais:
O Calvo Xiria impúxose a domicilio, de xeito contundente, ao Bm Cisne no debut ligueiro da campaña 2009-2010 na 1ª División Estatal.

Os de Marcos Rodríguez, que acudían coas baixas de Álex e Jesús, ademais de Dubra, que aínda que viaxou co equipo non estaba en condicións de xogar, dominaron o choque de principio a fin, a excepción dos primeiros minutos, baseandose na súa defensa, axudada en gran medida coa labor do gardamenta Quique, detivo 4 lanzamentos de 7 metros, e nos rápidos contrataques que finalizaban, case sempre con exito, Alberto, Chimpo e Cuco.
No descanso o Calvo Xiria xa vencía por 7 goles de renda, 19-12.

Na reanudación houbo un pequeno atisvo de recuperación do Cisne, que se achegou ata os 5 tantos, pero, de novo, o bo traballo defensivo fixo que os carballeses volvesen a manexar rendas cómodas ata o final do partido.

No aspecto negativo lamentar a lesión do lateral Borja, quen, á espera de realizar as probas pertinentes, posiblemente, teña un xeonllo mancado ao igual que Álex.