CALVO XIRIA 29 – MEDICENTRO GIJÓN 25

XORNADA 2

26/09/2009 CALVO XIRIA 29 – MEDICENTRO GIJÓN 25
Calvo Xiria 29 (14+15): Quique, Cuco (4), Ángel (3), Chimpo (6), Pablo (5), Christophe (3), Alberto (8) -equipo inicial- Iago, Ramón, Manu, Dubra (1), Álex Zas, Iván.

Medicentro Gijón 25 (12+13): Gamallo, Sergio, Luisma (1), Abel (4), Chechu (3), Ferni (5), Ángel Paraja (4) -equipo inicial- Emilio, Gulín (3), Miguel Paraja (3), Nicolás, Dani Río (1), Juan Carlos, Raúl (1).

Colexiados: May Fernando Orjuela Navarrete e Javier Gutiérrez Quintano.

Parciais: 2-1, 4-2, 7-5, 10-7,12-9, 14-12, 17-15, 18-17, 20-21, 23-22, 27-24, 29-25

O Calvo Xiria impúxose ao Medicentro Gijón por 29-25, na estrea dos carballeses ante a súa afección, en encontro da 2ª xornada de liga na 1ª División Estatal.

Os de Marcos Rodríguez contaban coas importantes baixas de Álex, Borja e Jesús, ás que se engadíu a última hora a de Iván, con molestias físicas, aínda que estivo no banquillo.
O Calvo Xiria levou a dianteira durante todo o encontro, agás durante uns minutos mediada a segunda metade.

Comezou ben en defensa o equipo carballés, aínda que en ataque se cometían moitos erros e imprecisións por parte de ambos conxuntos. Os de Carballo foron mandando no electrónico durante toda esta primeira metade con rendas de entre 2 e 4 tantos, grazas, sobre todo, ao seu traballo defensivo apoiado coa labor de Quique na portería. Ao descanso chegábase con dous goles de vantaxe a prol do Calvo Xiria, 14-12.

No reinicio o Xiria continuou manexando vantaxes de 1 e 2 goles pero, paseniñamente, os de Xixón foron achégandose no marcador ata conseguir poñerse por diante no ecuador desta segunda metade, facendo aos carballeses temer por una partido que controlaran perfectamente ata eses momentos. Sen embargo a reacción non se fixo esperar e os locais déronlle a volta ao electrónico, grazas de novo ao traballo defensivo unido á aportación, nesta ocasión, de Iago na meta e ao acerto no ataque, acadando unhas diferenzas de entre 3 e 5 goles que xa foron insalvables para os asturianos.

O vindeiro partido para o Calvo Xiria será o próximo sábado, ás 19.00 h, no Pavillón Municipal do Rosal, fronte ao Mecalia Atl. Novás, actual líder e un dos favoritos da competición e equipo no que xoga o ex do Xiria David López.