BM CISNE GRUPO PIRSA 31 – CALVO XIRIA 25

30/09/2007 BM CISNE GRUPO PIRSA 31 – CALVO XIRIA 25
Bm Cisne Grupo Pirsa 31 (11+20): Eduardo, Víctor (7), Borja, Alberto (3), Fernando (1), Galiano (5 ) e Pablo (11) –equipo inicial- Pablo, David, Quintáns (3), Guillermo, Serguei (1), David e Nico.

Calvo Xiria 25 (13+12): Quique, Roberto (3), Cristophe, Cuco (5), Chimpo (3), Ángel e Pablo (5) –equipo inicial- Iago, Fernando (1), Dubra (1), Álex (2), Sebastián (3), Bruno (2) e Pombo.

Colexiados: Goita e Carballo, regular.

O Calvo Xiria caeu derrotado a domicilio ante o Bm Cisne Grupo Pirsa por 31 a 29 en encontro pertencente á 1ª xornada da Liga de 1ª Autonómica.

Acudía o Calvo Xiria ao municipal pontevedrés, no debut ligueiro desta campaña, co único obxectivo de facerse cos dous puntos en xogo. Sen embargo isto non foi posible motivado pola pirrica defensa dos carballeses durante a segunda metade do choque, na que chegaron a recibir 18 goles en 22 minutos.

Comezou ben o partido o cadro de Marcos Rodríguez que, grazas a unha solida e ferrea defensa, consegía mandar no choque durante a primeira metade. E iso a pesar dos numerosos erros en ataque, tanto de efctividade ante a meta rival como nas perdas de balón á hora de sacar o contragolpe. No descanso dominaban os de Carballo por 11 a 13.

Na segunda metade cambiaron as tornas. A segunda exclusión de Cuco, xa durante a primeira metade, fixo moito dano na defensa carballesa que comezou a ser un coadeiro. Ademais os de Carballo xogaron mermados numéricamente polas exclusións, un tanto discutibles, sufridas nesta segunda metade e foron desvanecendose do partido, máis preocupados en facer a guerra cada un pola súa conta, tanto contra os rivais como contra uns discutibles colexiados, que no desenvolvemento do choque propiciando unha doada vitoria por parte do equipo de Pontevedra.

Deberán traballar moito os de Marcos Rodríguez durante esta semana se queren plantarlle cara á SAR de Redondela, actual campión de liga, a próxima fin de semana na Zona Escolar de Carballo.

* O cadro de goleadores é o que reflectía o acta, todo parecido coa realidade é pura coincidencia. Ao contrario que no xogo, pouca rigorosidade arbitral á hora de cumplimentar a acta.