Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 24 – SAR 28

06/10/2007 CALVO XIRIA 24 – SAR 28 Calvo Xiria (16+8) 24: Quique, Cristophe (4), Cuco (2), Roberto (5), Alex, Bruno (1) e Chimpo (2) -equipo inicial- Iago, Pablo (7), Ángel…

06/10/2007 CALVO XIRIA 24 – SAR 28
Calvo Xiria (16+8) 24: Quique, Cristophe (4), Cuco (2), Roberto (5), Alex, Bruno (1) e Chimpo (2) -equipo inicial- Iago, Pablo (7), Ángel (1), Dubra (2), Sebastián, Pombo e Fernando Vázquez.

SAR (11+17) 28: Óscar, Ricardo, Damián (2), Eduardo (8), Agustín (2), Gustavo (4) e Manu (4) -equipo inicial – Anxo, David Escudero (2), Covián (3) e Luis Ron (3).

Árbitros: Patricia del Río e Alicia Comesaña. Ben. Non influiron no resultado final.
O Calvo Xiria deixou escapar unha inmellorable ocasión de derrotar o actual campión e líder de categoría, a SAR de Redondela, en partido pertencente á segunda xornada de liga. O conxunto carballés, que se amosara moi superior ó seu rival durante a primeira metade (16-11) pegou un baixón de rendemento na reanudación e sucumbiu á maior experiencia do seu rival, que só necesitou poñerse por diante a falta de pouco máis de catro minutos para o final, para levarse o partido. A frescura que o equipo de Marcos Rodríguez amosara na primeira metade devaneciuse co paso dos minutos no segundo acto, unha circunstancia que a SAR non deixou escapar para meterse no partido e levarse a victoria final.

O Calvo Xiria tardou dez minutos en soltarse e, pouco a pouco, soubo impoñer o seu xogo máis alegre na primeira metade. A rápida circulación de balón e o alto ritmo de partido facían que a SAR estivera incómodo na pista e amosara unha imaxe moi diferente á que nos ten habituado. A inspiración de Quique na portería, o acerto de Pablo desde os sete metros e a efectividade de Roberto no lanzamento exterior bastaban para que os carballeses foran aumentando as súas diferencias ata o descanso. A cousa pintaba mellor cando, no tramo final da primeira parte, o visitante Damián (que tanto dano lle fixera ó Xiria o ano pasado) era expulsado con cartón vermello directo.

O Calvo Xiria chegou a adquirir unha renda de seis goles ó inicio do segundo tempo (17-11) pero, a partir dese momento, a SAR comezou a dar mostras de por que é o actual campión da categoría. O conxunto de Redondela, incluso no que podería parecer algo contrario ós seus intereses, fixo caer ó Xiria nun ritmo cansino, moito máis pausado que na primeira metade. E aí é onde mellor se manexa a SAR. Os visitantes fouron pouco a pouco afianzando a defensa 6-0 e o Xiria comezou a estancarse en ataque. Un parcial de 1-5 en apenas cinco minutos devolveu á SAR ó partido (18-16) e aí comezou a cimentar a súa victoria. Pese a que o Xiria aguantou ata o 22-20, os de Redondela infrinxiron outro parcial de 1-5 para poñerse por diante no marcador e, a falta de pouco menos de catro minutos, matar o partido. A experiencia dos visitantes terminou por impoñerse a un voluntarioso Xiria que, na segunda parte, quedou bloqueado por completo en ataque. Só oito goles nese período (a metade dos logrados na primeira parte), un precio demasiado elevado para pagar ante un equipo como a SAR. Os de Redondela, sen facer ningún alarde, souberon manterse no partido no momento máis difícil e, cando se puxeron arriba no marcador, o partido estaba visto para sentencia. O Calvo Xiria chegou asfixiado e bloqueado á fase decisiva de partido e, se cadra, botouse de menos algún recambio para tentar dar un xiro á situación. A vindeira semana volve o conxunto carballés a xogar na casa, na primeira final dun campionato que non fixo máis que comenzar, aínda que de forma pésima para os de Marcos Rodríguez.