Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM CISNE GRUPO PIRSA 31 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 26

BM Cisne Grupo Pirsa 31 (16+15): Enrique, Santi (1), Alfonso (4), Alberto (4), Ignacio (5), Javier (4), Pablo (13) -equipoinicial- Juan, Roberto, Ricardo, Daniel, Julián, Francisco. Ifecgás Pereira Xiria 26…

BM Cisne Grupo Pirsa 31 (16+15): Enrique, Santi (1), Alfonso (4), Alberto (4), Ignacio (5), Javier (4), Pablo (13) -equipoinicial- Juan, Roberto, Ricardo, Daniel, Julián, Francisco.

Ifecgás Pereira Xiria 26 (11+15): Naya, Iván (5), Zas (7), David (4), Pombo (4), Óscar (3), Dani -equipo inicial- Iago (1), Boti (1), Nástor, Brais, Antón (1).

Colexiados: Francisco Souño e Borja Sobral, cometeron numerosos erros e despistes, pero sen trascendencia no resultado final.

Derrota do Ifecgás Pereira Xiria que caía fronte ao quinto clasificado, o Bm Cisne, por 31-26. No intermedio o electrónico xa reflectía un 16-11 a prol dos pontevedreses.

O equipo carballés estase a mostrar como un equipo falto de intensidade, sobre todo nos encontros que disputa a domicilio, pero grazas á calidade que atesoura este grupo e que xa demostraron en algún dos encontros anteriores sempre existe a esperanza de conseguir a primeira victoria lonxe da dúa pista. De feito o Ifecgás xa vencera a este mesmo equipo hai un par de meses nun encontro amigable.

O Ifecgás Pereira comezou o partido con máis intensidade e ganas do habitual, pero as faltas de asistencia aos entrenamentos durante as últimas semanas por mor da acumulación de exames dos rapaces notouse en exceso para competir cun rival que puxo un alto ritmo ao partido. O Bm Cisne pronto acadou unha vantaxe comoda de entre catro e cinco goles, que incluso chegou a ser de sete tantos nalgún momento. Esta diferenza foi a tónica do primeiro tempo e á postre sería insalvable para os visitantes. Aínda que os de Carballo non fixeron unha boa primeira metade o 16-11 do descanso deixaba as portas abertas sempre e cando os do Ifecgás Pereira aumentaran o seu acerto en defensa e aproveitaran a súa velocidade..

No reinicio o Ifecgas Pereira Xiria loitou con máis corazón que cabeza e os ataques deixaban de ter orde e disciplina táctica e só se baseaban nas accións de un contra un. Os locais non se tiveron que preocupar máis que de rentabilizar a diferenza do descanso. E así foi que o parcial de 15-15 nesta segunda parte foi insuficiente para os bergantiñáns.

Na próxima xornada o Ifecgás Pereira Xiria recibe a vísita do Atl Novás nun choque crucial para alonxarse dos postos perígosos da clasificación.