BM. INZAMAC ZAMORA 38 – CALVO XIRIA 37
LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 2 02/10/2011 BM. INZAMAC ZAMORA 38 – CALVO XIRIA 37 Bm. Inzamac Zamora 38 (20+18): Pérez[p], Ruiz (3), Cano (3), Magadán (14, 3…
LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 2
02/10/2011 BM. INZAMAC ZAMORA 38 – CALVO XIRIA 37
Bm. Inzamac Zamora 38 (20+18): Pérez[p], Ruiz (3), Cano (3), Magadán (14, 3 de 7 metros), Vivas (1), Cordero (3), Nieto (2) -equipo inicial- Del Barrio[p], García (2), Fernández, Gómez, García (4), Prieto (1), Camino (5, 1 de 7 metros)
Calvo Xiria 37 (18+19): Kike[p], Pablo (5, 2 de 7 metros) Ramón (1), Alex Zas (4), Jesús (5), Manu (4), David (6) -equipo inicial- Iago[p], Naya [p], Javi Zas, Ángel (1), Dubra (6), Alex García (5), Brais
Colexiados: Javier Arroyo Casero e José Domingo Vega Gemio do colexio extremeño. Excluíron aos locais Ruiz (37´), Vivas (25´), Cordero (41´, 50´ e 59´), Gómez (56´), García (33) e Camino (cartón vermello no 59´), tamén aos xogadores visitantes Alex García (35´), Manuel (48´) e Ramón (55´)
7 metros: Bm. Inzamac Zamora: 5 / 4 ### Calvo Xiria: 2 / 2
Marcador: 3-3, 7-6, 10-10, 15-12, 16-14, 20-18 (descanso); 22-21, 24-23, 28-27, 32-30, 36-32, 38-37 (final).
Segunda xornada da Liga de 1ª División Estatal masculina na que se enfrontaron os equipos Inzamac Zamora e Calvo Xiria e no que os dous puntos quedaron na casa do equipo local logo de gañar por 38 goles a 37, no tempo de lecer o electrónico reflectía un 20-18 favorable aos zamoranos.
Os dous equipos comparecían con dous puntos no seu casilleiro logo de sendas vitorias obtidas na primeira xornada. Resultou un partido entretido, sobre todo para a grada que vía como os goles subían a un e outro casilleiro de xeito continuado, e competido ata o pitido final.
Non foi o día da defensa carballesa que viu coma unha e outra vez os xogadores do Inzamac acadaban cómodas situacións para lanzar, como dato cabe sinalar que só se sufriron tres exclusión ao longo dos sesenta minutos. Especialmente Magadán foi un pesadelo para a, no día de hoxe, feble defensa do Calvo. Ainda así de agradecer, para que o marcador non fose de escándalo, a labor dos porteiros do Xiria, ao igual que os seus compañeiros hoxe de fatigas do Zamora.
Con este escenario e un rival que aínda con algo máis de intensidade defensiva, pouco maior acerto, o equipo que aproveitara mellor os lanzamentos de seis metros ía levarse o gato a auga. Así foi e os casteláns acadan a segunda vitoria noutras tantas xornadas e seguen no grupo que encabeza a táboa clasificatoria.
A seguinte parada, no Pavillón Vila de Noia ante un reforzado e renovado Seis do Nadal, o sábado 08 de outubro ás 18:30 horas..