NOVACAIXAGALICIA OAR 24 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 26
Novacaixagalicia OAR: 24 (12+12): Ismael, Angel (7), Sergio (4), César, Jaime, Rodrigo (4), Miguel(2) –equipo inicial- García (4), Manuel (3). Ifecgás Pereira Xiria: 26 (14+12): Zúpez, Anes (1), Martín (3),…
Novacaixagalicia OAR: 24 (12+12): Ismael, Angel (7), Sergio (4), César, Jaime, Rodrigo (4), Miguel(2) –equipo inicial- García (4), Manuel (3).
Ifecgás Pereira Xiria: 26 (14+12): Zúpez, Anes (1), Martín (3), Javi (2), Miguel (3), David (9), Rubén Gómez (3) -equipo inicial- Edu, Mario (2), Calvete (2), Bouzas, Iván, Alex (1), Mario Santiago.
Colexiados: Fernando Eiras e Andrés Rosendo.
Partido vibrante o que se disputou o pasado domingo no pavillón de San Francisco Xabier da Coruña entre dous dos equipos chamados a pelexar polo titulo da liga regular 2011-12 en categoría xuvenil. Derbi provincial que ao mesmo tempo servía para dar o pistoletazo de saída a competición.
Dende o inicio, os xogadores bergantiñáns saíron moi decididos a polos dous puntos, pero con un xogo espeso e pouco dinámico, as defensas superaban de forma clara aos ataques de cada equipo, feito propio deste momento da competición. A igualdade prevalecía no marcador, aínda que os carballeses mandaban a maior parte do tempo, sen xogar un bo balonmán, pero si con moita madurez e traballo. Ao remate da primeira parte, o electrónico reflectía un importante e esperanzador 12-14 a prol dos visitantes.
A tónica foi a mesma na reanudación, ambos equipos estaban moi igualados, transmitindo un partido vibrante para todos os expectadores que se deron cita nas bancadas. Aínda así, os carballeses disfrutaban agora de rendas máis cómodas (3-4 goles), pero ningunha que dera a posibilidade de baixar a garda e relaxarse. O entrenador local, Abel, tentouno todo e organizou unha defensa con especial atención ao xogador internacional carballés, David. Por sorte, os de Xiria souberon xogar con tranquilidade e madurez nos instantes precisos e sacar partido da vantaxe que se tiña no electrónico. Grazas a isto, puideron incluso chegar aos últimos dous minutos co partido practicamente sentenciado e sen pasar apuros. Finalmente o marcador foi 24-26 para o Ifecgás Pereira que, desta forma, anótase unha importantísima vitoria na súa carreira por acadar os postos máis altos da clasificación ao remate do curso ligueiro.
Queda moito traballo por facer para mellorar o balonmán deste magnífico equipo que debe de voltar a mostrarnos ese xogo intenso e dinámico ao que nos ten afeitos.
Só queda desexarlle ao noso David moita sorte no seu desprazamento coa selección nacional xuvenil a Guadalaxara e posteriormente a terras danesa, motivo polo cal o Ifecgás Pereira Xiria verá aprazados os seus encontros das próximas dúas xornadas.