BM. LAG. PONTEDEUME 12 – PROCASA XIRIA 30

Bm. Lagares Pontedeume: Iván, Iago (9), Ismael, Álvaro (3), Ángel, Julián, Javier, Mauro, Adrián, Lucas.

Ifecgás Pereira Xiria: Miguel, Iago (7), Mato, David (2), Ántelo, Gándara, Martín, Dani (6), Brais, Mecías (1), Antón (3), Zas (11).

Colexiado: Nefasta actuación dos colexiados Sr. Sanmartín e Castro.

Partido sen historia o que disputaron en Pontedeume o equipo local e o Procasa Xiria. Dende os primeiros intres os de Carballo amosáronse moi superiores aos seus rivais. Esto propiciou que todo-los xogadores carballeses puideran dispor de minutos de xogo e que as vantaxes no marcador fosen sempre amplas. Aínda sen defender coa cuntundencia desexada o Procasa foise ao descanso cun marcador favorable de 5-15. Na segunda metade o encontro seguíu polos mesmos derroteiros ata chegarse ao fina cun 12-30 favorable aos pupilos de Fernando Vázquez.